Nadal – Bo Padal

Para bos padares

A caixa gourmet ‘Bo Padal’ ofrece unha selección de produtos de sabores rotundos cos que deleitar os padares máis sofisticados.

Nela atopamos o salchichón de porco celta da cooperativa Tres Fuciños, queixo ‘O Mouro’ e os nosos produtos ecolóxicos elaborados con sabugueiro: cervexas, licor e bombóns.

61,00

10 dispoñibles

Descripción

A este lote de produtos artesanais só lle falta unha cousa: unha conversación que acompañe a degustación, porque esta é unha selección ideal para compartir bos momentos ao rededor dunha mesa. Co queixo O Mouro e o salchichón gourmet, brindando coas nosas cervexas ecolóxicas: a cervexa de flor de sabugueiro e a de baga de sabugueiro. Para completar o lote contamos cos nosos bombóns e o licor de sabugueiro, todos produtos artesanais de altísima calidade.

Queixo O Mouro

O queixo semicurado O Mouro caracterízase por unha corteza dura a base de café e canela e un interior brando e cremoso con notas a iogur e nata. Está elaborado con leite cru das propias vacas da cooperativa. Foi premiado coa medalla de ouro no World Cheese Award 2018.

Salchichón Porco Celta Tres Fuciños

Salchichón gourmet de porco da raza autóctona galega ‘ porco celta’. A cooperativa Tres Fuciños reune explotacións repartidas por toda a comunidade galega. A cría dos animais realízase en semiextensivo, nos montes galegos, cunha alimentación que aproveita os recursos da zona, landra, castaña ou remolacha; por este motivo a carne é dunha calidade excelente.

Cervexa de flor de sabugueiro Carabuñas

Cervexa ecolóxica Carabuñas, elaborada con flores de sabugueiro maceradas mediante un proceso artesanal. Como resultado obtense unha cervexa de cor dourada e aroma suave.

Cervexa de baga de sabugueiro

Cervexa ecolóxica Carabuñas de dobre fermentación. Esta cervexa artesá a base de bagas de sabugueiro sorprende polos seus aromas herbáceos e sabor intenso. De cor avermellada e escuma persistente, é unha cervexa con corpo e personalidade.

Licor de sabugueiro

O licor de sabugueiro Carabuñas elabórase artesanalmente con augardente de uva e bagas de sabugueiro maduras. Todos os ingredientes utilizados son ecolóxicos e a súa maceración é lenta, o que dá como resultado un licor de excelente calidade.

Bombóns de licor de sabugueiro

Os nosos bombóns son artesáns e están elaborados con licor de sabugueiro e delicado praliné de chocolate. Nestes bombóns xúntanse dúas sensacións para o padal: o intenso e persoal sabor do licor de bagas de sabugueiro cun suave e delicado chocolate.

Contido do lote
  • Queixo O Mouro
  • Salchichón de porco celta Tres Fuciños
  • Cervexa de flor de sabugueiro Carabuñas
  • Cervexa de baga de sabugueiro Carabuñas
  • Licor de sabugueiro Carabuñas 500 ml
  • Caixa de bombóns Carabuñas

Información adicional

Peso 2.5 kg