Descripción
O noso lote ‘Na casa’ recolle sabores únicos, nosos, de proxectos que coñecen e aproveitan ao máximo as nosas materias primas.
Queixo O Mouro
Neste lote tedes a oportunidade de descubrir o excelente Queixo semicurado O Mouro. É un queixo de pasta branda semicurado elaborado con leite cru das súas propias vacas. Medalla de ouro no campionato do mundo World Cheese Awards 2018.
Chourizos Sabor de Aldea
Acompañámolo dos chourizos de Sabor de Aldea; coidan ao máximo as materias primas que utilizan para conservar o sabor tradicional. Os seus ingredientes: carne de porco 100%, pemento, sal, ourego e allo.
Marmeladas ecolóxicas Carabuñas
‘Na casa’ tamén poderás gozar das nosas marmeladas ecolóxicas de sabugueiro e de sabugueiro e laranxa. Elaboradas de forma artesanal, cun 70% de froita e sen aditivos.
Cervexas artesanais Carabuñas
Unha degustación das nosas cervexas artesanais e ecolóxicas, elaboradas con flor e con baga de sabugueiro.
Contido do estoxo
- Queixo O Mouro, Campo Capela
- Chourizos Sabor de Aldea
- Marmelada de sabugueiro 250 gr
- Marmelada de sabugueiro e laranxa 250 gr
- Cervexa de bagas de sabugueiro 33 cl.
- Cervexa de flor de sabugueiro 33 cl.