Estoxo marmeladas – Carabuñas

Pack degustación 3 marmeladas ecolóxicas

Esta caixa degustación con tres marmeladas ecolóxicas contén parte da esencia da nosa marca Carabuñas: marmelada de sabugueiro, marmelada de sabugueiro e mazá e marmelada de sabugueiro e laranxa.

Preparamos este estoxo para que descubras os nosos sabores, para que regales Carabuñas ou para que o compartas con quen ti queiras.

O estoxo contén 3 botes de marmelada ecolóxica de 250 gr cada un.

16,50

204 dispoñibles

Descripción

Este estoxo de tres marmeladas Carabuñas é unha selección das nosas marmeladas ecolóxicas e artesanais en tres botes de 180 gramos cada un.

Tres receitas de marmelada ecolóxica que están elaboradas de forma artesanal con materias primas da máxima calidade e iso nótase no seu sabor. Tres sabores diferentes para tres produtos gourmet que achegarán un toque diferente de sabor (e cor) a tostas, tostadas, iogures, carnes, ensaladas, patés ou sobremesas. Pero se temos que recomendar un complemento ideal ás nosas marmeladas, son sen dúbida, os queixos.

Marmelada de sabugueiro

É unha marmelada de sabor suave, elaborada seguindo a nosa receita artesá con bagas de sabugueiro maduro e un toque de limón. Certificada como ecolóxica, sen conservantes nin aditivos.

Marmelada de sabugueiro e mazá

Unha marmelada ecolóxica que fusiona dous sabores contrastados: o doce das bagas de sabugueiro e a acidez da mazá de Galicia. Sen conservantes nin aditivos.

Marmelada de flor de sabugueiro e fresas

A marmelada de flor de sabugueiro e amorodos de Carabuñas non contén azucre. Está elaborada con xarope de agave, polo que é apta para persoas que non poden consumir alimentos con azucre.

A mestura de flor de saúco e amorodos resulta un sabor suave e sorprendente. Como todas as marmeladas de Carabuñas, é un produto ecolóxico e de elaboración artesanal.

Contido do estoxo marmeladas
  • Marmelada de sabugueiro 250 gr
  • Marmelada de sabugueiro e mazá 250 gr
  • Marmelada de sabugueiro e laranxa 250 gr

Información adicional

Tamaño

Caixa de 12 estoxos, Estoxo 3 botes de 180 gr cada un