Marmelada de Sabugueiro ecolóxica 250g- Carabuñas

Marmelada artesanal

A marmelada de sabugueiro ecolóxica Carabuñas elabórase de forma artesá a base de bagas de sabugueiro maduras, sen conservantes nin potenciadores de sabor. Cun 70% de froita.

É unha marmelada extra de alta calidade. Un produto gourmet, de sabor suave e aromático, que achega un toque diferente de sabor a unha grande variedade de receitas.

5,50

940 dispoñibles

SKU: SB250 M-070323-2 Categorías: , ,

Descripción

A marmelada de sabugueiro de Carabuñas é un produto ecolóxico, elaborado de maneira artesanal a partir de bagas de sabugueiro seleccionadas no seu punto óptimo de maduración.

É unha marmelada de sabor suave, xa que á dozura propia do sabugueiro maduro engádeselle limón para achegar un toque de acidez e amargor. Esta suma de ingredientes convértea nunha crema aromática, moi equilibrada e sen aditivos de ningún tipo.

Unha marmelada gourmet e saudable, elaborada en Galicia, con ingredientes ecolóxicos de proximidade, como o agar-agar.

Recomendamos o consumo da nosa marmelada de sabugueiro acompañando iogures, queixos, tostas e torradas, carnes ao forno ou para receitas de tartas e doces.

O sabugueiro é unha árbore que aparece con frecuencia na paisaxe de Galicia e nas súas tradicións, pero as súas flores e froitos non foron aproveitados desde un punto de vista culinario. En Carabuñas apostamos polo aproveitamento do sabugueiro para a elaboración de produtos gourmet, artesanais, ecolóxicos e saudables.

Ingredientes
  • Azucre de cana ecolóxico
  • Agar-agar ecolóxico
  • Limón ecolóxico
  • Bagas de saúco maduras
  • Receita propia

Información adicional

Peso 0.47 kg
Tamaño

180g, 250g, Caixa de 12 botes 180g, Caixa de 12 botes 250g