Maletín Degustación – Carabuñas

Maletín Degustación

Nesta cesta pensada para regalar ou regalarse, seleccionamos os acompañantes perfectos para os nosos produtos.

Á nosa marmelada de sabugueiro, ao noso licor e ás nosas cervexas, sumámoslles as deliciosas conservas de zamburiñas e mexillóns, o chocolate á cunca e o mel de Gosto!. Descubre como medrou a nosa despensa.

 

44,00

5 dispoñibles

SKU: PACK MALETIN DEGUSTACION Categorías: , , , ,

Descripción

Licor, marmelada, cervexa, conservas, chocolate, mel… isto ten boa pinta!

Zamburiñas Gosto!

Unha lata de zamburiñas das rías galegas en conserva, para gozar das conservas feitas con agarimo e tradición.

Mexillóns Gosto!

Unha das conservas con máis tradición de Galicia son os mexillóns. Neste maletín, queremos que descubras as nosas conservas Gosto! con mexillóns das rías galegas seleccionados.

Marmelada de sabugueiro

Unha marmelada elaborada seguindo a nosa receita tradicional, con bagas de sabugueiro maduras. Cun 70% de froita, a nosa marmelada extra conta con certificación ecolóxica.

Licor de sabugueiro Carabuñas

Para esta degustación, non podía faltar o licor de sabugueiro de Carabuñas co seu aroma intenso, que se mantén durante un bo intre no padal. Un licor especial e diferente, elaborado de maneira artesanal a partir das mellores bagas de sabugueiro maduras que se maceran en aguardiante galego de alta calidade.

Cervexas artesanais Carabuñas

Unha cata das nosas cervexas de elaboración artesá. Unha cervexa elaborada con bagas de sabugueiro e outra con flores de sabugueiro, para poder saborear os diferentes aromas e matices.

Chocolate á cunca Gosto!

Un chocolate elaborado en Galicia para facer á cunca e gozar do aroma e o sabor do noso chocolate tradicional.

Mel Gosto!

A guinda desta cesta pona un tarro de mel seleccionado. Mel recollido nos apiarios da provincia de Ourense.

Contido do maletín
  • Zamburiñas de Gosto!
  • Mexillóns de Gosto!
  • Marmelada de sabugueiro de Carabuñas
  • Licor de sabugueiro de Carabuñas
  • Cervexa de flor de sabugueiro de Carabuñas
  • Cervexa de bagas de sabugueiro de Carabuñas
  • Chocolate Gosto!
  • Mel Gosto!

Información adicional

Peso 2 kg