Ler, comer e beber

Alimento para o intelecto

Tres actividades que enriquecen corpo e mente, así é este lote porque a selección de produtos que o compoñen convérteno nunha caixa chea de experiencias.

Para comer, preséntase o interesante queixo Savel de Airas de Moniz, o paté de porco celta de Tres Fuciños e os doces de Carabuñas: marmelada e bombóns. Para beber, contamos coa nosa cervexa de flor de sabugueiro e o elegante viño Señor Cuco. En canto a ler, unha aposta moi especial, a versión en galego de ‘Frankenstein’ nunha coidada e ilustrada edición.

75,00

9 dispoñibles

SKU: LER, COMER E BEBER Categorías: ,

Descripción

Cando creamos este lote en Carabuñas, fixémolo pensando en que é un agasallo para os sentidos e o intelecto.

Libro e caderno Frankestein

Aira Editorial tráenos esta versión inédita en galego do clásico de Mary Shelley ‘Frankenstein ou o prometeo moderno’, unha tradución de Samuel Solleiro con ilustracións de Miguel Robledo. Esta edición foi premiada á mellor tradución do 2019 na Gala do Libro Galego pola calidade da tradución, unha fiel versión do orixinal en canto a ritmo e forza narrativa. Acompaña ao libro un caderno da mesma colección.

Bombóns de sabugueiro

Combinación de alta repostería na que xogan un papel crucial o licor de sabugueiro e o praliné de chocolate. Dez bombóns artesáns e ecolóxicos nos que aromas e sabores non pasarán desapercibidos para os comensais.

Paté de porco celta

Paté gourmet de fígado de porco, da variedade porco celta, unha raza autóctona galega que a cooperativa Tres Fuciños cría en liberdade e cunha alimentación sá e sostible. As súas explotacións repártense por toda a xeografía galega, pero cun mesmo modo de facer as cousas para alcanzar produtos ecolóxicos e artesáns de alta calidade.

Queixo Savel Airas Moniz

Queixo azul de cheiro intenso e textura untuosa que elabora Airas Moniz, unha queixería que utiliza para os seus produtos leite crú de vacas de pastoreo.

Cervexa de flor de sabugueiro

Cervexa de tons dourados e sabor suave que elaboramos en Carabuñas con flores de sabugueiro coidadosamente seleccionadas e maceradas de forma artesanal.

Marmelada de sabugueiro Carabuñas

Marmelada confeccionada de forma artesanal cun ingrediente principal especial: as bagas de sabugueiro, que achegan propiedades beneficiosas para a saúde. É unha marmelada ecolóxica, libre de aditivos, cun 70% de froita na súa receita.

Viño Señor Cuco

Viño tinto que se presenta da man da Denominación de Orixe Rías Baixas. Coas variedades de uva sousón, espadeiro, pedral e caíño elabórase este viño elegante e fresco.

Contido do lote
  • Libro e caderno ‘Frankenstein’, Aira Editorial
  • Caixa de 10 bombóns de sabugueiro Carabuñas
  • Paté de porco celta, Cooperativa Tres Fuciños
  • Queixo Savel de Airas Moniz
  • Cervexa de flor de sabugueiro Carabuñas
  • Marmelada de sabugueiro Carabuñas 250 g
  • Botella de viño tinto Señor Cuco, D.O. Rías Baixas

Información adicional

Peso 2 kg