Gosto das ilustradoras galegas

Ilustradoras gourmet

Unha cesta agasallo con catro fermosas láminas realizadas polas ilustradoras galegas Xoana Almar, Ana Parada, Luz Beloso e Clara Cerviño.
Ilustracións galegas gourmet acompañadas de delicias galegas gourmet: bombóns, mel, chocolate, licor, viño, queixo, marmeladas e conservas.

Comezamos os envíos a partir do 1/12/2021. Unidades limitadas. Fai o teu pedido agora.

99,00

Descripción

Esta cesta agasallo é unha edición especial coa que queremos celebrar a amizade, o vínculo coas persoas que temos máis preto e coas que sentimos preto aínda que non o están fisicamente.

Ese agarimo, as pontes que nos unen, as ganas de abrazarse… foron a inspiración das catro autoras para facer estas ilustracións gourmet. Os produtos que as acompañan, seleccionámolos pensando en que é unha cesta para agasallar, pero tamén unha oportunidade para atoparnos e compartir ao redor da mesa tempo e soños.

Contido da cesta
  • Láminas de Xoana Almar, Ana Parada, Luz Beloso e Clara Cerviño.
  • Viño Señor Cuco, tinto D.O. Rías Baixas.
  • Queixo Brie, Queixos Feijoo.
  • Mexillóns Gosto!
  • Zamburiñas Gosto!
  • Mel Gosto!
  • Chocolate Gosto!
  • Pack tres marmeladas Carabuñas.
  • Licor de sabugueiro Carabuñas.
  • Bombóns de sabugueiro Carabuñas.

Viño Señor Cuco
Viño da Denominación de Orixe Rías Baixas, subzona Condado do Tea. Elaborado con uvas das variedades sousón, pedral, espadeiro e caíño. Nas catas, o Señor Cuco resulta unha explosión de froitas, froitas do bosque e froitos vermellos, con notas florais a rosa, peonía e especiadas de noz moscada e regaliz.
É un viño elaborado por Entrevideiras, un proxecto que nace nas Neves (Pontevedra), sumando as mans de catro profesionais e amigos que decidiron sumar experiencia e coñecementos para crear un viño que mestura técnica e tradición.

Queixos Feijoo, desde 1949
O Brie de Queixos Feijoo é unha das últimas creacións da marca. Os seus produtos contan coa garantía de setenta anos de experiencia. O seu traballo está baseado na receita herdada do Mosteiro de San Salvador de Celanova, mantendo os máis altos parámetros de calidade desde o inicio da elaboración ata que chega á túa mesa. A súa identidade: artesanía, tradición e sabor.

Gosto! de Carabuñas
En Carabuñas decidimos crear Gosto!, unha gama de produtos de alimentación galegos, de sabor auténtico. Nesta cesta podes atopar unha lata de mexillóns das rías galegas en salsa de escabeche e unha lata de zamburiñas. Ademais dun bote de mel das montañas de Ourense e unha tableta de chocolate á cunca.

Carabuñas, os do sabugueiro
Na cesta dedicada ás ilustradoras galegas incluímos o pack de tres marmeladas ecolóxicas de Carabuñas: de sabugueiro, de sabugueiro e mazá e de sabugueiro e laranxa. Tamén están os exquisitos bombóns de licor de sabugueiro e unha botella do noso produto máis emblemático: licor de sabugueiro.
As marmeladas, os bombóns e o licor son tres exemplos do aproveitamento do sabugueiro, un recurso esquecido no sector alimentario galego. Despois de anos de traballo, conseguimos poñelo en valor e innovar creando produtos diferentes, artesanais, saudables e ecolóxicos.

Nota: Os queixos desta cesta poden variar en función da produción das nosas queixerías. Se no momento de facer o teu pedido non hai dispoñibilidade do queixo que leva a cesta, cambiarémolo por outro de igual ou maior calidade. Se queres asegurar a dispoñibilidade dun queixo en concreto no momento de facer o teu pedido, consúltanos por teléfono ou email.