Gosto de Allariz – Carabuñas

Gosto de Allariz! – Carabuñas

Allariz é terra de paisaxes. Declarada Conxunto Histórico-Artístico Nacional e antigamente Corte do Románico, nos últimos anos convertiuse nun referente europeo na rehabilitación e conservación do seu patrimonio e, con el, a artesanía e os produtos ecolóxicos dos que formamos parte.

Esta cesta ten o espírito de Allariz, coa marmelada de sabugueiro e o Cervexa de baga de sabugueiro. Nas festas non poden faltar os amendoados de Allariz e, para rememorar os castiñeiros que poboan Ourense, as galletas de castaña Petelo. Completa o pack o Queixo O Rexo, que nace do apego á terra, do desexo de manter o territorio nas mesmas condicións en que os nosos avós e avoas nolo deixaron en herdanza.

33,00

SKU: GOSTO DE ALLARIZ Categorías: , , , ,

Descripción

Existen moitas formas de coñecer un lugar, pero quizais una das máis interesantes sexa saborealo. Iso é exactamente o que che ofrece este lote de Carabuñas, deleitarte con produtos artesáns do interior de Galicia, cunha presenza especial de Allariz.

Galletas de castañas Petelo

Galletas amasadas a man elaboradas por Petelo, especialistas en castañas. Tan artesanais que se di que non hai dúas iguais.

Amendoados de Allariz

Este doce de améndoas é un dos máis tradicionais de Galicia e da zona de Allariz. Elaborados de forma tradicional, con améndoa marcona, azucre e clara de ovo.

Queixo O Rexo

Trátase do primeiro queixo de ovella feito en Galicia a base de leite cru.
Elabórase con moito agarimo e de xeito artesanal, dándolles forma, un a un, a este produto tan demandado na comarca de Allariz.

Cervexa de baga de sabugueiro

Cervexa ecolóxica Carabuñas de dobre fermentación. Esta cervexa artesá a base de bagas de sabugueiro sorprende polos seus aromas herbáceos e sabor intenso. De cor avermellada e escuma persistente, é unha cervexa con corpo e personalidade.

Marmelada de sabugueiro Carabuñas

Marmelada extra, elaborada cun 70% de froita e ingredientes de cultivo ecolóxico. Certificada co selo CRAEGA, que regula a agricultura ecolóxica en Galicia.

Nota: Os queixos desta cesta poden variar en función da produción das nosas queixerías. Se no momento de facer o teu pedido non hai dispoñibilidade do queixo que leva a cesta, cambiarémolo por outro de igual ou maior calidade. Se queres asegurar a dispoñibilidade dun queixo en concreto no momento de facer o teu pedido, consúltanos por teléfono ou email.

Contido da caixa
  • Queixo O Rexo
  • Galletas de castaña Petelo
  • Amendoados de Allariz
  • Marmelada de sabugueiro
  • Cervexa de baga de sabugueiro

Nota: Os contidos desta cesta están configurados con pequeños produtores e no intre de facer o teu pedido pode non haber dispoñibilidade. Se isto ocorre, chamarémoste para poder cambiar o produto faltante por outra referencia similar.