Gosto da Cerviño!

Clara Cerviño

A ilustradora Clara Cerviño lévanos ata a cidade de Ourense e invítanos a cruzar pontes e construír outras novas.

Nesta cesta agasallo podes encontrar, ademais da lámina da ilustradora, sete produtos gourmet á altura dos padares máis esixentes: paté de centola, salchichón de porco celta, turrón, mexillóns, cervexas artesanais e marmelada ecolóxica. Que delicia!

 

49,00

SKU: GOSTO DA CERVIÑO Categorías: , , , ,

Descripción

Clara Cerviño, “Os faros, o mar e as pequenas cousas”. Así se define esta ilustradora galega nas súas redes sociais; tamén como “ilustradora científica” que busca achegar a ciencia e a bioloxía ao público xeral. Clara constrúe pontes para conectarnos co mundo da ciencia e para conectarnos entre nós.

Contido da cesta
  • Lámina de Clara Cerviño.
  • Paté de centola de Conservas Mareterra.
  • Salchichón de porco celta Tres Fuciños.
  • Turrón de sabugueiro e pergamiño de arando de Maruxío.
  • Mexillóns Gosto!
  • 1 cervexa artesanal de flor de sabugueiro Carabuñas.
  • 1 cervexa artesanal de bagas de sabugueiro Carabuñas.
  • Marmelada de sabugueiro Carabuñas.

Conservas Mareterra
Conservas Mareterra nace coa misión de crear conservas gourmet “diferentes”, con ingredientes de gran calidade procedentes das Rías Galegas.
Nesta cesta incluímos o seu paté de centola, elaborado coa mellor materia prima. Lembra conservalo nun lugar fresco e seco, a temperatura ambiente, para poder gozalo con todo o seu sabor.

Cooperativa Tres Fuciños. Porco celta criado en liberdade
A Cooperativa Tres Fuciños reúne a pequenos produtores e produtoras da raza autóctona galega porco celta. Para esta cesta escollemos o seu salchichón de porco celta, elaborado con carne magra e graxa do xamón. É un salchichón de sabor suave.

Mexillóns Gosto!
Unha lata de conservas de mexillón das rías galegas en salsa de escabeche. Mexillóns seleccionados, que xunto co salchichón e o paté, son perfectos para compartir un picoteo entre varias persoas.

Maruxío, turrón especial
Maruxío é un proxecto de vida que nace na Casa Terra de Rebolos. Alí elaboran, entre outros produtos, o “Turrón de sabugueiro e pergamiño de arando” que incluímos nesta cesta. Un turrón vegano, 100% artesanal, saudable e galego! Está feito cunha base de licor de sabugueiro de Carabuñas e pergamiño de arandos.

Carabuñas, os do sabugueiro
Neste lote inclúense as dúas cervexas de Carabuñas: cervexa de baga de sabugueiro e cervexa de flor de sabugueiro. Ambas posúen un aroma intenso e diferentes toques afrutados e herbáceos. Tamén se inclúe a nosa marmelada ecolóxica de sabugueiro.
Carabuñas é unha aposta por rescatar do esquecemento o sabugueiro e poñer o foco nas súas propiedades, elaborando produtos ecolóxicos, saudables e innovadores.