Gosto dos agasallos en familia!

Un almorzo en familia

A caixa regalo para gozar en familia, con produtos artesanais 100% galegos.

Regala un almorzo en familia, con marmeladas, zume, chocolate á cunca, aceite de oliva virxe extra, galleta vegana Barrigolas e un coche tallado en madeira para as máis pequenas da casa.

41,00

Descripción

Nesta caixa reunimos todo o necesario para un tranquilo almorzo en familia. Entretemento para os pequenos/as e para os/as máis grandes.

Marmelada de sabugueiro e amorodos de Carabuñas
Unha marmelada ecolóxica realizada de forma artesanal con flor de sabugueiro e amorodos.

Marmelada de sabugueiro de Carabuñas
Marmelada ecolóxica de bagas de sabugueiro, cun 70% de froita e sen conservantes nin aditivos de ningún tipo.

Zume de sabugueiro de Carabuñas
Un zume BIO, sen glute e elaborado con bagas de sabugueiro. Unha bebida diferente, natural e refrescante.

Galleta vegana Barrigolas de Maruxío
Barrigolas é a galleta vegana que elaboran no obradoiro de Maruxío en honra ao Apalpador.

Chocolate de Gosto!
Chocolate á cunca de Gosto!, unha aposta de Carabuñas polos sabores auténticos e os produtos galegos.

Aceite de Oliva Virxe Extra Natural de Embruxo
Un aceite de oliva de extracción en frío, sen filtrar e de alta calidade. Embruxo é unha marca galega de aceite que elabora os seus produtos de forma natural e artesanal.

Xoguete de madeira de Miudiño
Para manter aos e as máis pequenas da casa entretidos, incorporamos a esta caixa regalo un coche de madeira de piñeiro elaborado de forma artesanal no taller de Miudiño, en Galicia.

Contido da caixa
  • Marmelada de sabugueiro e amorodos de Carabuñas
  • Marmelada de sabugueiro de Carabuñas
  • Zume de saúco de Carabuñas
  • Galleta vegana Barrigolas de Maruxío
  • Chocolate de Gosto!
  • Aceite de Oliva Virxe Extra Natural de Embruxo
  • Xoguete de madeira de Miudiño