Galicia Pequeniñas – Carabuñas

Atlas da Galicia Pequeniña – Carabuñas

Esta cesta está construída arredor do Atlas da Galicia Pequeniña de César Cequeliños e Jorge Campos, un relato do pasado de Galicia como nunca cho contaron. Libro ilustrado pensado para crianzas de todas as idades que percorre moitas áreas da identidade nacional galega: xeografía, historia, lendas, personaxes célebres, festas e celebracións, símbolos… Un percorrido visual útil para aprender a coñecernos mellor como pobo.

55,00

SKU: GALICIA PEQUENIÑAS Categorías: , , ,

Descripción

O Atlas de Galicia Pequeniña comeza con pedaciños da nosa terra. Esta cesta vén acompañada do relato de César Cequeliños e Jorge Campos con ilustracións para as crianzas de todas as idades, igual que este pack.

Zamburiñas Gosto

Estas zamburiñas son o resultado da paixón polas cousas ben feitas. Unha conserva elaborada en Galicia, con zamburiñas das rías galegas e ingredientes da máxima calidade (como o aceite de oliva ou o vinagre de viño). Envásanse as pezas de forma manual, unha a unha. Despois prepárase a vinagreta seguindo a receita tradicional. Cada lata contén entre 6 e 8 zamburiñas Gosto!, con todo o sabor do auténtico.

Marmelada de sabugueiro ecolóxica

A marmelada de sabugueiro de Carabuñas é un produto ecolóxico, elaborado de maneira artesanal a partir de bagas de sabugueiro seleccionadas no seu punto óptimo de maduración. É unha marmelada de sabor suave, xa que á dozura propia do sabugueiro maduro engádeselle limón para achegar un toque de acidez e amargor. Esta suma de ingredientes convértea nunha crema aromática, moi equilibrada e sen aditivos de ningún tipo. Unha marmelada gourmet e saudable, elaborada en Galicia, con ingredientes ecolóxicos de proximidade, como o agar-agar. Recomendamos o consumo da nosa marmelada de sabugueiro acompañando iogures, queixos, tostas e torradas, carnes ao forno ou para receitas de tartas e doces.

Mariñeiras Da Veiga especial canapés

Para acompañar a marmelada ou o patí, que mellor ca unhas Mariñeiras de Da Veiga especial canapés, unha adaptación moderna do “Pan de Barco ou Biscoito de Barco”, unha solución antiquísima dos mariñeiros para conservar o pan nas longas travesías oceánicas, de forma natural. Chegaron a América nas diferentes expedicións mariñas e introducíronse na dieta habitual da poboación de moitos deses países.

Paté de lacón con grelos Mareterra

¿Un paté de lacón con grelos? Mareterra tráenos este produto pioneiro elaborado con ingredientes naturales, sin conservantes ni aditivos, libres de gluten y lactosa.

Galletas de castañas Petelo

Galletas amasadas a mano elaboradas por Petelo, especialistas en castañas. Tan artesanales que se dice que no hay dos iguales.

Queixo O Rexo

Trátase do primeiro queixo de ovella feito en Galicia a base de leite cru.
Elabórase con moito agarimo e de xeito artesanal, dándolles forma, un a un, a este produto tan demandado na comarca de Allariz.

Contido da cesta
  • Zamburiñas Gosto
  • Mariñeiras Da Veiga especial canapés
  • Marmelada de sabugueiro ecolóxica
  • Paté de lacón con grelos Mareterra
  • Galletas de castañas Petelos
  • Queixo O Rexo
  • Historia de Galicia Pequeniña

Nota: Os contidos desta cesta están configurados con pequeños produtores e no intre de facer o teu pedido pode non haber dispoñibilidade. Se isto ocorre, chamarémoste para poder cambiar o produto faltante por outra referencia similar.