Flor de sabugueiro fresca ecolóxica – Carabuñas

Desde: 34,65

Desde: 34,65

Flor de sabugueiro fresca

Un produto de tempada e con certificación ecolóxica. Tan só estará dispoñible durante as semanas nas que está no punto óptimo de recolección nas nosas plantacións de sabugueiro ecolóxico.

Enviamos a flor de sabugueiro fresca e ecolóxica en transporte refrixerado, ca temperatura controlada para que te chegue nun estado óptimo para consumila ou conservala. Os custes deste tipo de envío especial, están incluidos no prezo. Se precisas outras cantidades ou queres enviar a túa empresa de transporte a recoller o pedido, ponte en contacto con nós.

Recibirás o teu pedido poucas horas despois da recollida na plantación. Recolectamos flores de sabugueiro cando están nos momentos óptimos de floración, polo que podemos tardar entre 1 e 6 días en enviarche o teu pedido. Avisarémoste por correo electrónico o día anterior ao envío.

ENVIO GRATIS

34,65

Limpiar
SKU: FF2022 Categoría:

Descripción

O sabugueiro florece entre os meses de abril e xuño. A súa flor posúe un aroma agradable e é comestible. Ten propiedades antiinflamatorias e emprégase para aliviar enfermidades das vías respiratorias ou para as dores musculares, entre outros usos.

Recollemos a flor do sabugueiro fresca nas nosas plantacións ecolóxicas de Sambucus Nigra L. (variedade atlántica de Galicia e o norte de Portugal). Seleccionamos as flores e recollémolas no momento óptimo para o seu consumo e conservación. O resultado é un produto ecolóxico de alta calidade, colleitado con mimo, embalado con delicadeza e que enviamos en transporte refrixerado, coa temperatura controlada para manter o frío e que as flores cheguen nun estado óptimo ata o teu domicilio.

Aproveitamos que estamos en tempada de floración para invitarvos a descubrir a flor de sabugueiro fresca, en caixas de 2, 5 ou 10 kilos. Podedes empregala para preparar unha bebida refrescante para os días de calor, ou gardala en seco para usar como infusión.

A flor de sabugueiro conta con múltiples usos culinarios. Unha das receitas máis populares son os buñuelos de flor de sabugueiro. Aínda que tamén podedes atrevervos co xeado, a torta, a compota de mazá ou o iogur.

O envío deste produto farase coincidindo cos días de recolección e o envío. Avisaremos dos envío a través de correo electrónico.

Bebida refrescante con flor de sabugueiro

Ingredientes:

  • 100 gr de flores frescas
  • 1 litro de auga
  • 600 gr de azucre ou panela
  • 1 limón

Proceso:

  • Poñer as flores con limón e auga nun recipiente
  • Deixar macerar 12 horas
  • Quentar ata o punto de ebulición
  • Retirar o líquido e coar
  • Engadir o azucre e remexer ata que se disolva
  • Gardar en botes de cristal

Consumo:

  • 2 culleres sopeiras de concentrado
  • Vaso de auga fría
  • Zume de limón ao gusto

Información adicional

Peso N/D
Tamaño

Caixa de 10 kg, Caixa de 2 kg, Caixa de 5 kg