Doce Nadal – Carabuñas

Adozando o Nadal con Carabuñas

Esta cesta inclúe produtos típicos do Nadal con toques innovadores e tradicionais, ecolóxicos e naturais.

48,00

SKU: DOCE NADAL Categorías: , , ,

Descripción

Non hai nada máis doce có Nadal, e máis se se celebra con produtos do país. Esta cesta inclúe produtos para adozar as festas con produtos de cultivo ecolóxico e natural.

Espumoso Señorío de Rubiós

Elaborado seguindo o método clásico de elaboración, sen adición de azúcar no licor de expedición, cun periodo mínimo de fermentación en botella de 9 meses a una temperatura controlada de 14 ºC. Elaborado con la base del Condado blanco: albariño e treixadura que se acompañan de loureira branca, godello e torrontés.

Turrón de sabugueiro Maruxío

Maruxío é un proxecto de vida que nace na Casa Terra de Rebolos. Alí elaboran, entre outros produtos, o “Turrón de sabugueiro e pergamiño de arando” que incluímos nesta cesta. Un turrón vegano, 100% artesanal, saudable e galego! Está feito cunha base de licor de sabugueiro de Carabuñas e pergamiño de arandos.

Polvoróns O Apalpador Tomabi

Para acompañar este Nadal, que mellor que os polvoróns ecolóxicos O Apalpador, esa figura dun carboneiro que segundo conta a tradición, baixa en Noiteboa

Panettone da Panadería Fernández Riveiro de Salvaterra

A Panadería Fernández Riveiro de Salvaterra é coñecida polos seus doces e postres 100% artesáns. Especializados en pan galego, roscas, empanadas, tartas… tráennos este panettone da terra.

Chocolate Gosto!

Poucas cousas hai tan reconfortantes como o aroma do chocolate Gosto! nun día de frío. Un chocolate de calidade e sabor tradicional para elaborar á cunca. É un chocolate de elaboración tradicional, polo que ten un sabor moito máis intenso que os industriais. Facer o chocolate á cunca é moi sinxelo, podes diluír o chocolate con auga, leite ou algunha bebida vexetal. Se o preparas con leite enteiro, conseguirás un toque graxo que o fará máis espeso e daralle un pouco máis de sabor.

Castañas en almíbar Souto da Trabe

Souto da Trabe é unha empresa familiar produtora de castañas ecolóxicas en A Trabe, provincia de Ourense. As condicións climáticas da zona e o chan onde se sitúan fan que as súas castañas obteñan unha maduración óptima.

Contido da cesta

  • Espumoso Señorío de Rubiós
  • Turrón Maruxío
  • Polvoróns O Apalpador
  • Panettone da Panadería Fernández Riveiro de Salvaterra
  • Chocolate Gosto!
  • Castañas en almíbar de Souto da Trabe

Nota: Os contidos desta cesta están configurados con pequeños produtores e no intre de facer o teu pedido pode non haber dispoñibilidade. Se isto ocorre, chamarémoste para poder cambiar o produto faltante por outra referencia similar.