Culto ao Entroido

58,00

58,00

Sen ‘Entroido’ non quedamos

De sur a norte e de leste a oeste, hai poucas paixóns en Galicia que se sintan tanto coma a do Entroido. O deste 2021 recordarémolo coma o nunca vivido: o Entroido que nos tocou pasar na casa. Pero sen Entroido non quedamos.

Invocamos a Cigarróns, Pantallas e Peliqueiros con bocados de bica, salchichón, chourizo ou queixo con marmelada e brindamos co noso mellor licor polos Entroidos que virán. Nesta caixa de culto ao Entroido, enviamos unha tarxeta coa ilustración homenaxe ao persoeiro que elixas.

58,00

Limpiar

Descripción

Verín, Laza, Xinzo, Maceda, Viana, Cobres, Chantada, A Coruña, Pontevedra e un cento máis de pobos e vilas galegas serían nestes momentos un fervedoiro. En moitos destes lugares, este ano será o primeiro da historia no que non se festexará o Entroido, ou polo menos, non se fará de forma multitudinaria.

Sen deixarnos levar pola nostalxia e evocando todos os Entroidos que están por vir, fixemos este lote de culto á nosa gastronomía de tempada.

Salchichón de porco celta da Cooperativa Tres Fuciños

Un salchichón gourmet de porco da raza autóctona galega ‘porco celta’. Na cooperativa Tres Fuciños crían os seus animais en semiextensivo, nos montes galegos e cunha alimentación que aproveita os recursos da zona como a landra, a castaña ou a remolacha.

Chourizo cular de porco celta da Cooperativa Tres Fuciños

Un chourizo elaborado con carne de porco celta criado en liberdade nos soutos e carballeiras de Galicia. O seu sabor é o resultado da mellor tradición, a de elaborar os produtos con carne dunha calidade excelente.

Licor de Sabugueiro Carabuñas

Nun lote de culto ao Entroido, non pode faltar un brinde co noso licor elaborado macerando as bagas de sabugueiro en augardente galega de alta calidade.

Queixo Feijoo Semicurado Ibérico

Un queixo que conseguiu por segundo ano consecutivo a medalla de bronce nos World Cheese Awards. Na queixería Feijoo de Celanova elaboran un semicurado con mestura de tres leites (vaca, ovella e cabra), afinado en adega durante un mínimo de 120 días.

Marmelada de sabugueiro Carabuñas

Nada mellor para poñer o contrapunto doce ao queixo semicurado que a nosa marmelada de sabugueiro. Con certificación ecolóxica, elaborada de forma artesanal e cun 70% de froita.

Bica de mazá con canela – Faragullas

A bica é un dos postres tradicionais do Entroido. Esta bica de mazá e canela está elaborada en Vilar de Santos, no forno tradicional de Faragullas.

Tarxeta de culto ao Entroido

Hai cousas que non se poden disfrazar, e o amor polas nosas tradicións é unha delas. Deseñamos tres tarxetas ilustradas invocando a tres persoeiros moi venerados nestas datas e dos que somos firmes crentes: Cigarróns, Pantallas e Peliqueiros. Selecciona a túa favorita e engadirémola na túa caixa de culto ao Entroido.

Contido da caixa
  • Salchichón de porco celta da Cooperativa Tres Fuciños
  • Chourizo cular de porco celta da Cooperativa Tres Fuciños
  • Licor de Sabugueiro Carabuñas
  • Queixo Semicurado Ibérico de Quesos Feijoo
  • Marmelada de sabugueiro Carabuñas
  • Bica de mazá e canela de Faragullas
  • Tarxeta de culto ao Entroido

Información adicional

Peso 4 kg
Tamaño

Tarxeta Cigarrón Verín, Tarxeta Pantalla Xinzo, Tarxeta Peliqueiro Laza