Cesta San Xoán – Carabuñas

“Polo San Xoán, mantel ao chan!”.

A nosa proposta para celebrar San Xoán este ano é unha invitación a saír da casa, estar en contacto coa natureza e compartir esta cesta de produtos artesanais de marcas galegas en familia ou con amigos. Para garantir que o plan sexa un éxito, entre os produtos están Quesos Feijoo, as conservas de Catrineta, chourizos de porco celta de Tres Fuciños, ademais dunha edición especial das nosas cervexas de flor e baga de sabugueiro e da marmelada de sabugueiro de Carabuñas.

Todos eles acompañados dunha cesta e un mantel, elaborado por Lumecu para Carabuñas, que non pararedes de usar este verán.

58,00

50 dispoñibles

Descripción

A nosa proposta para empezar o verán é clara: “Polo San Xoán, mantel ao chan!”. A cesta de San Xoán de Carabuñas está chea de produtos artesanais de marcas galegas como Quesos Feijoo, Catrineta ou Tres Fuciños, acompañados das cervexas e a marmelada de sabugueiro de Carabuñas.

Contido da cesta de San Xoán

  • Cesta de pícnic
  • Mantel de pícnic elaborado por Lumecu para Carabuñas
  • Queixo Semicurado Ibérico Feijoo.
  • Conserva de xouba en aceite de oliva Catrineta
  • Conserva de mexillón en escabeche Catrineta
  • Pack de chourizos de porco celta Tres Fuciños
  • Cervexa de flor de sabugueiro Carabuñas 750 ml
  • Cervexa de baga de sabugueiro Carabuñas 750 ml
  • Marmelada de sabugueiro Carabuñas 250 g

Quesos Feijoo, desde 1949

Un dos produtos estrela de Quesos Feijoo é o seu Semicurado Ibérico. Queixo de pasta prensada elaborado cunha mestura de tres leites: vaca, ovella e cabra. É un queixo afinado en adega durante un mínimo de 120 días. Os produtos de Quesos Feijoo conseguiron recoñecementos no Concurso Internacional de Lyon ou nos Cheese World Awards nos últimos anos. O seu segredo: a receita herdada do Mosteiro de San Salvador de Celanova.

Catrineta, conserveira galega

Desde Galicia, en Catrineta continúan coa tradición de seleccionar os peixes e mariscos da mellor calidade para os seus produtos. Ademais, empacan e embalan os seus produtos a man, un a un. Na cesta de San Xoán inclúense dous dos seus clásicos: mexillóns fritidos en escabeche e xoubas en aceite de oliva. A súa recomendación: comer as conservas na propia lata.

Cooperativa Tres Fuciños. Porco celta criado en liberdade

A cooperativa Tres Fuciños reúne a pequenos produtores e produtoras de porco celta galegos. Nesta cesta incluímos o seu pack de chourizos elaborados a partir das súas explotacións de porco celta, de porcos criados en liberdade. Empregan a receita tradicional e afuman os chourizos con leña de carballo. O seu sabor levarache ás cociñas das casas de aldea en Galicia.

Carabuñas, os do sabugueiro

Os nosos produtos están baseados no aproveitamento do sabugueiro, unha especie vexetal moi ligada a Galicia. Na cesta de San Xoán atoparás unha edición especial das nosas cervexas de flor e baga de sabugueiro, ademais da marmelada ecolóxica de sabugueiro de Carabuñas elaborada a base de bagas de sabugueiro maduras e sen conservantes nin potenciadores de sabor.