Cesta mensual de produtos galegos Setembro – Carabuñas

A nosa selección mensual de produtos deliciosos elaborados en Galicia.

En setembro convidámosvos a unha viaxe do mar á montaña, saboreando as elaboracións de Catrineta, Bubela, Bisqato, Faragullas, Tres Fuciños e Carabuñas.

Esta é unha cesta que vai cambiando cada mes e que ten unidades limitadas. Non quedes sen ela!

Aquí podes ver a versión familiar da nosa cesta mensual ou subscribirte e recibila durante 3 meses ou 6 meses na túa casa.

34,95

34 dispoñibles

Descripción

Descubre cada mes novos produtos de pequenas marcas produtoras galegas. Unha alternativa para persoas que queiran facer unha aposta por unha compra de proximidade e apoiando a pequenas marcas produtoras.

Contido da cesta do mes de septiembre

  • Mexillóns en escabeche 16/20 Catrineta 141 g.
  • Tallaríns de Centeo Bubela 443 g.
  • Macarróns Tricor Bubela 411 g.
  • Queixo Xiros de Bisqato 250 g.
  • Pan de leite do Forno Tradicional de Faragullas
  • Paté de porco celta da Cooperativa 3 Fuciños 100 g.
  • Marmelada ecolóxica de sabugueiro 180 g. de Carabuñas
  • 2 Cervexas artesanais ecolóxicas 33 cl. de Carabuñas

Catrineta, conserveira galega

Na conserveira Catrineta, de Outes (A Coruña), só traballan con peixes e mariscos da mellor calidade. Por iso, coidan cada detalle do seu proceso de elaboración, desde a preparación ao empaquetado e ao coidado deseño de cada unha das súas conservas. Todo á altura da mellor materia prima.
Na nosa cesta do mes de setembro podes atopar un aperitivo para auténticos sibaritas: a conserva de mexillóns en escabeche de Catrineta. Mexillóns escabechados con aceite de oliva, vinagre de viño, allo, loureiro, especias e sal.

Bubela, pastas ecolóxicas e artesanais

Bubela é un taller artesanal de pastas e cervexas ecolóxicas. No seu obradoiro, na cidade de Lugo, elaboran a súa pasta unicamente con ingredientes de cultivo ecolóxico certificado, primando a proximidade, a calidade e o respecto pola terra e as persoas.
Para esta cesta do mes de setembro seleccionamos dúas elaboracións de pasta diferente. Os macarróns tricor de Bubela están elaborados con trigo integral, empregando a cúrcuma e a espirulina para darlles sabor e cor. Os tallaríns de centeo de Bubela están feitos con centeo integral. O punto de cocción das dúas pastas é de 4 minutos.

Bisqato

Nunha pequena aldea de Guitiriz, María e Miguel crearon a queixería Bisqato coa determinación de achegar valor a un produto tan importante en Galicia como é o leite. A diario e con todo o mimo voltean os seus queixos, moldéanos e envólvenos un a un.

Esa pequena aldea, Xiros, é a que da nome ao queixo que seleccionamos este mes para a cesta. Un queixo de pasta branda e corteza amofada que envolve matices de pasto e de alta montaña.

Faragullas Forno Tradicional

Faragullas é un forno tradicional de Vilar de Santos, en Ourense, que naceu da convicción de elaborar os seus produtos de maneira artesanal, “o pan da avoa de toda a vida”. O sabor do pan de leite que leva esta cesta do mes de setembro pode dar boa fe desta filosofía.

Cooperativa Tres Fuciños

A cooperativa Tres Fuciños reúne a pequenos produtores e produtoras de porco celta de diferentes puntos de Galicia. Elaboran un paté de fígado de porco celta cunha materia prima de gran calidade, xa que os seus animais medran en liberdade e aliméntanse con produtos naturais.

Carabuñas, os do sabugueiro

En Carabuñas dámoslle unha volta ao sabugueiro, unha especie vexetal moi ligada a Galicia, aproveitando as súas calidades para elaborar produtos artesanais, auténticos e saudables.
Na cesta do mes de setembro podes atopar dúas cervexas de sabugueiro elaboradas de forma artesanal e con certificación ecolóxica. Ademais da nosa marmelada de sabugueiro, tamén con certificación ecolóxica e elaborada cun 70% de froita, sen conservantes nin aditivos.

Cesta mensual de produtos galegos

Esta é unha selección mensual de produtos artesanais de gran calidade, que non se atopan nas grandes superficies.
Como traballamos con pequenas marcas e con produtos que non se elaboran de forma industrial, as nosas cestas teñen unidades limitadas. Faite ca túa antes de que se esgoten!
Tamén temos unha versión familiar desta cesta, que podes ver aquí.

Como funciona?

Cada mes publicaremos na nosa web unha nova cesta. Non hai permanencia, entras á nosa web, ves o contido da cesta dese mes e fas o teu pedido. Sen complicacións.

Non queres perderte ningunha?

Se non queres estar pendente de visitar a nosa web cada mes, podemos avisarte cando lancemos unha nova cesta. Escríbenos un WhatsApp ao 604081054 ca mensaxe “Quero recibir información mensual sobre a vosa cesta”, podes facelo desde aquí.

Deste xeito, a principios de cada mes, cando publiquemos a nova cesta enviarémosche unha mensaxe para que a poidas ver.

Queres recibir unha cesta cada mes?

Déixanos sorprenderte! Recibe durante 3 meses ou durante 6 meses a nosa cesta familiar na túa casa. Ao comprar a túa subscrición, estás axudando á viabilidade de proxectos de pequenas marcas coma a nosa.

Información adicional

Peso 3.5 kg