Cesta mensual de produtos galegos Xullo – Carabuñas

A nosa selección mensual de produtos deliciosos elaborados en Galicia.

A proposta para o mes de xullo garda unha chea de sorpresas. Produtos de Amorodo, Conservas Chanquete, Bubela, Faragullas e o Queixo O Rexo. Ademais, presentámosvos a nosa nova marmelada ecolóxica de flor de sabugueiro e amorodos de Carabuñas. Os envíos facémolos os martes, co pan de Faragullas recén feito.

Unha forma de descubrir cada mes pequenas produtoras galegas e de apoiar o comercio de proximidade.

Esta é unha cesta que vai cambiando cada mes e que ten unidades limitadas. Non quedes sen ela!

Aquí podes ver a versión familiar da nosa cesta mensual ou subscribirte e recibila durante 3 meses ou 6 meses na túa casa.

34,95

37 dispoñibles

Descripción

Descubre cada mes novos produtos de pequenas marcas produtoras galegas. Unha alternativa para persoas que queiran facer unha aposta por unha compra de proximidade e apoiando a pequenas marcas produtoras.

Contido da cesta do mes de xullo

  • Queixo de ovella semicurado O Rexo.
  • Paté de centola Chanquete.
  • Pisto con cabaciño ecolóxico Amorodo 370 g.
  • Pasta con castaña ecolóxica Bubela 400 g.
  • Pan de centeo Faragullas.
  • Marmelada ecolóxica de flor de sabugueiro e amorodos.

Queixo O Rexo
O Rexo é un queixo artesán de sabor suave, mantecoso ao padal, elaborado con leite de ovellas que pastan nos bosques de Allariz. Trátase dun semicurado a base de leite cru de ovella con 90 días de curación.

Conservas Chanquete

Na nosa cesta de xullo incluímos o seu paté de centola, elaborado coa mellor materia prima. Os seus ingredientes: centola e mexillón da Ría de Aldán (Rías Baixas, Galicia). Débese conservar nun lugar fresco e seco, a temperatura ambiente.

O proxecto nace no ano 2012 e a súa misión é crear conservas gourmet “diferentes” como as cocochas con angulas do Miño ou os pementos de piquillo recheos de mexillóns en salsa de marisco.

Conservas Amorodo, de vexetais ecolóxicos

Amorodo é o proxecto de dúas empresarias de Soutelo de Montes (Forcarei): María Vitoria Cosme e Yolanda Vilar. Nace no 2004 e hoxe posúe máis dunha vintena de referencias que comparten sabor e calidade. Na nosa cesta de xullo incluímos o seu pisto con cabaciño ecolóxico, ideal para acompañar pastas, patacas, ovos, empanadas e outros moitos pratos. Os seus produtos están recoñecidos polo CRAEGA, Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Bubela, pastas ecolóxicas e artesanais

Bubela é un taller artesanal de pastas e cervexas ecolóxicas. No seu obradoiro, na cidade de Lugo, elaboran a súa pasta unicamente con ingredientes de cultivo ecolóxico certificado, primando a proximidade, a calidade e o respecto pola terra e as persoas.

Para esta cesta do mes de xullo seleccionamos a pasta de castaña e centeo artesanal e ecolóxica. Cócese en 4 minutos.

Faragullas Forno Tradicional

Faragullas é un forno tradicional de Vilar de Santos, en Ourense, que naceu da convicción de elaborar os seus produtos de maneira artesanal, “o pan da avoa de toda a vida”. Nalgunhas das nosas cestas incluímos o seu famoso pan de leite. Nesta ocasión, convidámosvos a descubrir o pan de centeo.

Carabuñas, os do sabugueiro

En Carabuñas dámoslle unha volta ao sabugueiro, unha especie vexetal moi ligada a Galicia, aproveitando as súas calidades para elaborar produtos artesanais, auténticos e saudables. A nosa última creación é a marmelada ecolóxica de flor de sabugueiro e amorodos. Non contén azucre e está feita con sirope de agave

Cesta mensual de produtos galegos

Esta é unha selección mensual de produtos artesanais de gran calidade, que non se atopan nas grandes superficies.
Como traballamos con pequenas marcas e con produtos que non se elaboran de forma industrial, as nosas cestas teñen unidades limitadas. Faite ca túa antes de que se esgoten!
Tamén temos unha versión familiar desta cesta, que podes ver aquí.

Como funciona?

Cada mes publicaremos na nosa web unha nova cesta. Non hai permanencia, entras á nosa web, ves o contido da cesta dese mes e fas o teu pedido. Sen complicacións.

Non queres perderte ningunha?

Se non queres estar pendente de visitar a nosa web cada mes, podemos avisarte cando lancemos unha nova cesta. Escríbenos un WhatsApp ao 604081054 ca mensaxe “Quero recibir información mensual sobre a vosa cesta”, podes facelo desde aquí.

Deste xeito, a principios de cada mes, cando publiquemos a nova cesta enviarémosche unha mensaxe para que a poidas ver.

Queres recibir unha cesta cada mes?

Déixanos sorprenderte! Recibe durante 3 meses ou durante 6 meses a nosa cesta familiar na túa casa. Ao comprar a túa subscrición, estás axudando á viabilidade de proxectos de pequenas marcas coma a nosa.

Información adicional

Peso 3.5 kg