Cesta mensual familiar de produtos galegos Setembro – Carabuñas

A nosa cesta mensual de produtos galegos en formato familiar. Unha forma de descubrir cada mes pequenas marcas produtoras galegas e de apoiar o comercio de proximidade.

No mes de setembro convidámosvos a descubrir da nosa man as elaboracións de Catrineta, Bubela, Bisqato, Faragullas, Tres Fuciños, Queixos Feijoo (ou Campo Capela) e Carabuñas.

Se queres podes subscribirte á nosa cesta mensual e recibila durante 3 meses ou 6 meses na túa casa.

57,90

41 dispoñibles

Descripción

Descubre cada mes novos produtos de pequenas marcas produtoras galegas. Esta é a versión familiar da nosa cesta mensual de produtos galegos.

Contido da cesta mes de setembro

  • Mexillóns en escabeche 16/20 Catrineta 141 g.
  • Xoubas en aceite de oliva 16/20 Catrineta 141 g.
  • Tallaríns de Centeo Bubela 443 g.
  • Macarróns Tricor Bubela 411 g.
  • Queixo Xiros de Bisqato 250 g.
  • Queixo Feijoo Hispánico Curado aprox. 500 g. / Queixo O Mouro – Campo Capela 400 gr. (dependendo dispoñibilidade)
  • Pan de leite do Forno Tradicional de Faragullas

  • Paté de porco celta da Cooperativa 3 Fuciños 100 g.
  • Chourizo cular de porco celta da Cooperativa 3 Fuciños 300/350 g.
  • Marmelada ecolóxica de sabugueiro 180 g. de Carabuñas
  • Marmelada ecolóxica de sabugueiro e laranxa 180 g. de Carabuñas
  • 2 Cervexas artesanais ecolóxicas 33 cl. de Carabuñas

Catrineta, conserveira galega

Na conserveira Catrineta de Outes (A Coruña), só traballan con peixes e mariscos da mellor calidade. Por iso, coidan cada detalle do seu proceso de elaboración, desde a preparación ao empaquetado e ao coidado deseño de cada unha das súas conservas. Todo á altura da mellor materia prima.
Na nosa cesta familiar do mes de setembro podes atopar uns aperitivos para auténticos sibaritas, a conserva de mexillóns en escabeche (mexillóns escabechados con aceite de oliva, vinagre de viño, allo, loureiro, especias e sal) e as xoubas en aceite de oliva.

Bubela, pastas ecolóxicas e artesanais

Bubela é un taller artesanal de pastas e cervexas ecolóxicas. No seu obradoiro, na cidade de Lugo, elaboran a súa pasta unicamente con ingredientes de cultivo ecolóxico certificado, primando a proximidade, a calidade e o respecto pola terra e as persoas.
Para esta cesta do mes de setembro seleccionamos dúas elaboracións de pasta diferente. Os macarróns tricor de Bubela están elaborados con trigo integral, empregando a cúrcuma e a espirulina para darlles sabor e cor. Os tallaríns de centeo de Bubela están feitos con centeo integral. O punto de cocción das dúas pastas é de 4 minutos.

Bisqato

Nunha pequena aldea de Guitiriz, María e Miguel crearon a queixería Bisqato coa determinación de achegar valor a un produto tan importante en Galicia como é o leite. A diario e con todo o mimo voltean os seus queixos, moldéanos e envólvenos un a un.
Esa pequena aldea, Xiros, é a que da nome ao queixo que seleccionamos este mes para a cesta. Un queixo de pasta branda e cortiza con mofo que envolve os matices do pasto e da alta montaña.

Queixos Feijoo ou Campo Capela

Traballamos con pequenos produtores que teñen unha dispoñibilidade limitada dos seus produtos, por iso no contido desta cesta pode variar o tipo de queixo, se tes preferencia por un ou outro, por favor indícanolo nas notas do pedido.

Desde 1949, as mestras queixeiras da Queixería Feijoo de Celanova, levan elaborando os seus queixos cunha receita artesanal herdada do Mosteiro de San Salvador de Celanova. Un traballo de artesanía, tradición e calidade que queremos achegar á túa mesa. Escollemos para a cesta familiar do mes de setembro o queixo Hispánico Curado, que mestura leite pasteurizado de vaca e ovella e foi madurado en adega durante varios meses. En 2020 este queixo foi recoñecido polo seu sabor e elaboración a nivel internacional.

Se na semana que pides a túa cesta non hai dispoñibilidade deste queixo, cambiarémolo no teu pedido polo queixo semicurado O Mouro. Un queixo de autor, premiado en 2018 coa Medalla de Ouro nos World Cheese Awards. A súa cortiza está bañada cunha infusión de canela e café que lle achega un aroma especial.

Faragullas Forno Tradicional

Faragullas é un forno tradicional de Vilar de Santos, en Ourense, que naceu coa convicción de elaborar os seus produtos de maneira artesanal, “o pan da avoa de toda a vida”. O sabor do pan de leite que leva esta cesta do mes de setembro pode dar boa fe desta filosofía.

Cooperativa Tres Fuciños

A cooperativa Tres Fuciños reúne a pequenos produtores e produtoras da raza autóctona porco celta de diferentes puntos de Galicia.
Elaboran o paté de fígado de porco celta que leva a nosa cesta familiar mensual cunha materia prima de gran calidade, xa que os seus animais se crían en liberdade e aliméntanse con produtos naturais.
Na cesta familiar deste mes, tamén podes atopar un chourizo de porco celta, elaborado con magro e graxa do xamón, pemento e sal.

Carabuñas, os do sabugueiro

En Carabuñas dámoslle unha volta ao sabugueiro, unha especie vexetal moi ligada a Galicia, aproveitando as súas calidades para elaborar produtos artesanais, auténticos e saudables. Na cesta familiar do mes de setembro podes atopar dúas cervexas de sabugueiro elaboradas de forma artesanal e con certificación ecolóxica e dúas das nosas marmeladas de sabugueiro, tamén con certificación ecolóxica e elaboradas cun 70% de froita, sen conservantes nin aditivos.

Cesta familiar de produtos galegos

Esta é unha selección mensual de produtos artesanais de gran calidade, que non se atopan nas grandes superficies.
Como traballamos con pequenas marcas e con produtos que non se elaboran de forma industrial, as nosas cestas teñen unidades limitadas. Faite ca túa antes de que se esgoten!

Tamén temos unha versión reducida de cesta mensual, que podes ver aquí.

Como funciona?

Cada mes publicaremos na nosa web unha nova cesta. Non hai permanencia, entras á nosa web, ves o contido da cesta dese mes e fas o teu pedido. Sen complicacións.

Non te queres perder ningunha?

Se non queres estar pendente de visitar a nosa web cada mes, podemos avisarte cando lancemos unha nova cesta. Escríbenos un WhatsApp ao 604081054 ca mensaxe “Quero recibir información mensual sobre a vosa cesta”, podes facelo desde aquí.

Deste xeito, a principios de cada mes, cando publiquemos a nova cesta enviarémosche unha mensaxe para que a poidas ver.

Queres recibir unha cesta cada mes?

Déixanos sorprenderte! Recibe durante 3 meses ou durante 6 meses a nosa cesta familiar na túa casa. Ao comprar a túa subscrición, estás axudando á viabilidade de proxectos de pequenas marcas coma a nosa.

Tamén podes regalar a subscrición á cesta durante 3 ou 6 meses a quen ti queiras, e nós encargámonos de que a reciba no teu nome cada mes.

Información adicional

Peso 4 kg