Cesta mensual familiar de produtos galegos Abril – Carabuñas

A nosa cesta mensual de produtos galegos en formato familiar. Unha forma de descubrir cada mes pequenas marcas produtoras galegas e de apoiar o comercio de proximidade.

No mes de abril convidámosvos a descubrir da nosa man as elaboracións de Mar de Ardora, Bubela, Faragullas, Amorodo, Tres Fuciños, Campo Capela, Quesos Feijoo e Carabuñas.

Se queres podes subscribirte á nosa cesta mensual e recibila durante 3 meses ou 6 meses na túa casa.

57,90

47 dispoñibles

Descripción

Descubre cada mes novos produtos de pequenas marcas produtoras galegas. Esta é a versión familiar da nosa cesta mensual de produtos galegos.

Contido da cesta mes de abril

  • Alga espagueti de mar ao natural ECO Mar de Ardora.
  • Pasta de trigo integral e cúrcuma Bubela 400 g.
  • Pan de leite do Forno Tradicional de Faragullas.
  • Pisto con calabaciño ecolóxico Amorodo 370 g.
  • Queixo O Mouro – Campo Capela 400 gr.
  • Queixo semicurado ibérico – Queixos Feijoo aprox. 500 g.
  • 4 chorizos porco celta – Tres Fuciños.
  • Marmelada ecolóxica de sabugueiro 250 g. de Carabuñas.
  • Marmelada ecolóxica de sabugueiro e laranxa 180 g. de Carabuñas.
  • 2 cervexas artesanais ecolóxicas de flor de sabugueiro 33 cl. de Carabuñas.
  • Bombóns de licor de sabugueiro.

Conservas Mar de Ardora, “A esencia do mar de Galicia”
As conservas Mar de Ardora son produtos ecolóxicos de tempada, de extracción sostible e elaborados artesanalmente en Galicia. Neste caso, incluímos a variedade de alga “Espagueti de Mar ao Natural”, un alga de textura e intensidade media, que lembra a unha xudía con sabor a marisco. Ingrediente ideal para moitas receitas, dá un toque especial a calquera prato sen enmascarar o resto de sabores.

Bubela, pastas ecolóxicas e artesanais
Bubela é un taller artesanal de pastas e cervexas ecolóxicas. No seu obradoiro, na cidade de Lugo, elaboran a súa pasta unicamente con ingredientes de cultivo ecolóxico certificado, primando a proximidade, a calidade e o respecto pola terra e as persoas.
Para esta cesta do mes de abril seleccionamos a pasta de trigo integral con cúrcuma, artesanal e ecolóxica. Coce en tan só 4 minutos.

Faragullas Forno Tradicional
Faragullas é un forno tradicional de Vilar de Santos, en Ourense, que naceu da convicción de elaborar os seus produtos de maneira artesanal, “o pan da avoa de toda a vida”. O sabor do pan de leite que leva esta cesta do mes de abriil pode dar boa fe desta filosofía.

Conservas Amorodo, de vexetais ecolóxicos
Amorodo é o proxecto de dúas empresarias de Soutelo de Montes (Forcarei): María Vitoria Cosme e Yolanda Vilar. Nace en 2004 e hoxe posúe máis dunha vintena de referencias que comparten sabor e calidade. Na nosa cesta de abril incluímos o seu pisto con cabaciño ecolóxico, ideal para acompañar pastas, patacas, ovos, empanadas e outros moitos pratos. Os seus produtos están recoñecidos polo CRAEGA, Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Campo Capela, cooperativa de 30 familias gandeiras
Decidiron elaborar os seus propios produtos para aproveitar a produción de leite. As creacións de Campo Capela alcanzan cada vez máis prestixio e recoñecemento internacional. O queixo que incluímos nesta cesta, Ou Mouro, conseguiu en 2018 a medalla de ouro nos World Cheese Awards. É un queixo de autor que se come con cortiza. O seu interior é cremoso, de pasta branda e sabor similar ao do iogur.

Quesos Feijoo, desde 1949
Nos últimos anos, os seus queixos suman recoñecementos no Concurso Internacional de Lyon ou nos Cheese World Awards. Setenta anos de traballo nos que coidaron a receita herdada do Mosteiro de San Salvador de Celanova. Na cesta familiar de abril incluímos o queixo semicurado de pasta prensada, elaborado con mestura de tres leites (vaca, ovella e cabra). Afinado en adega durante 120 días como mínimo.

Cooperativa Tres Fuciños
A cooperativa Tres Fuciños reúne a pequenos produtores e produtoras de porco celta de diferentes puntos de Galicia. O seu chourizo de porco celta está feito con tradición e agarimo, afumado con leña de carballo que lle dá o sabor de sempre. Os seus ingredientes: magro e touciño de porco.

Carabuñas, os do sabugueiro
En Carabuñas dámoslle unha volta ao sabugueiro, unha especie vexetal moi ligada a Galicia, aproveitando as súas calidades para elaborar produtos artesanais, auténticos e saudables.

Na cesta familiar do mes de abril podes atopar a nosa cervexa ecolóxica de flores de sabugueiro, e as marmeladas de sabugueiro e de sabugueiro e laranxa, tamén con certificación ecolóxica. A guinda póñena os bombóns de licor de sabugueiro que combinan o noso licor de sabugueiro cun suave plariné de chocolate.

Cesta familiar de produtos galegos

Esta é unha selección mensual de produtos artesanais de gran calidade, que non se atopan nas grandes superficies.
Como traballamos con pequenas marcas e con produtos que non se elaboran de forma industrial, as nosas cestas teñen unidades limitadas. Faite ca túa antes de que se esgoten!

Tamén temos unha versión reducida de cesta mensual, que podes ver aquí.

Como funciona?

Cada mes publicaremos na nosa web unha nova cesta. Non hai permanencia, entras á nosa web, ves o contido da cesta dese mes e fas o teu pedido. Sen complicacións.

Non te queres perder ningunha?

Se non queres estar pendente de visitar a nosa web cada mes, podemos avisarte cando lancemos unha nova cesta. Escríbenos un WhatsApp ao 604081054 ca mensaxe “Quero recibir información mensual sobre a vosa cesta”, podes facelo desde aquí.

Deste xeito, a principios de cada mes, cando publiquemos a nova cesta enviarémosche unha mensaxe para que a poidas ver.

Queres recibir unha cesta cada mes?

Déixanos sorprenderte! Recibe durante 3 meses ou durante 6 meses a nosa cesta familiar na túa casa. Ao comprar a túa subscrición, estás axudando á viabilidade de proxectos de pequenas marcas coma a nosa.

Tamén podes regalar a subscrición á cesta durante 3 ou 6 meses a quen ti queiras, e nós encargámonos de que a reciba no teu nome cada mes.

Información adicional

Peso 4 kg