Cesta Gosto do Nadal – Carabuñas

Cesta galega 2022

Unha caixa regalo de produtos artesanais gourmet e 100% galegos.

Seleccionamos 15 produtos con personalidade e sabor para facer esta caixa regalo suprema, tan suprema como as marcas de grandes pequenos produtores que a fan posible.

115,00

Descripción

Esta caixa é unha celebración da gastronomía galega e do traballo que levan a cabo pequenas marcas produtoras repartidas por todo o territorio.

Unha selección de produtos gourmet, de alta calidade e innovadores.

Dos obradoiros, as cociñas e os talleres destes artesáns culinarios, as nosas mellores materias primas saen transformadas en produtos que alcanzan premios e recoñecementos a nivel internacional.

Viño Señor Cuco de Adega Entrevideiras

Unha adega das Neves (Pontevedra) que se atreve cun Denominación de Orixe Rías Baixas tinto, da subzona do Condado do Tea.

Licor de sabugueiro Carabuñas

O noso licor de sabugueiro, elaborado con bagas de sabugueiro maceradas en augardente galego de alta calidade.

Aceite de Oliva Virxe Extra Natural de Embruxo

Embruxo é unha empresa galega de Pontevedra que recupera a tradición oliveira en Galicia. O sabor deste aceite lembra á herba, froita fresca e un toque de améndoa que o fan único. Non ten acidez nin amarga, e é unha explosión de sabores que invaden o teu padal.

Manteiga de Cacahuete picante Celtic Spicy

A nosa manteiga de cacahuete picante marida moi ben con pratos asiáticos, pasta, tofu, verduras, queixos, conservas de marisco… infinitas combinacións, incluso chocolate!
É unha fonte fantástica de proteínas de orixe vexetal, o noso bote de 200 g darache entre 15 e 20 porcións.
Non usamos conservantes nin aditivos e non contén glute nin lactosa.

Turrón de sabugueiro e pergamiño de arandos Maruxío

Un turrón vegano, elaborado con améndoas, licor de sabugueiro Carabuñas e arandos. Unha delicia do obradoiro rural de Maruxío.

Zamburiñas de Gosto!

Unha lata de zamburiñas en conserva, procedentes das rías galegas. Envasadas de forma manual, unha a unha, para coidar ao máximo a calidade do produto.

Pastas de sabugueiro Maruxío

Podemos probar tamén as pastas de sabugueiro da marca Maruxío, feitas con espelta, fariña vexetal, anacardos, azúcar e marmelada de sabugueiro.

Marmelada de sabugueiro Carabuñas

A nosa marmelada é unha marmelada extra de alta calidade. Un produto gourmet, de sabor suave e aromático, que achega un toque diferente de sabor a unha grande variedade de receitas.

Paté de chipiróns de Mareterra

O paté de Chipirón na súa tinta Mareterra Deluque é un exquisito paté elaborado a partires de chipirones pescados en los mejores caladoiros atlánticos.

Cebola caramelizada Amorodo

Localizada en Soutelo de Montes, Amorodo envasan unha grande cantidade de produtos como a cebola caramelizada ecolóxica galega.

DaVeiga especial canapé

Para acompañar esta cesta, que mellor ca unhas mariñeiras de Da Veiga, unha adaptación moderna do “Pan de Barco ou Biscoito de Barco”, unha solución antiquísima dos mariñeiros para conservar o pan nas longas travesías oceánicas, de forma natural. Chegaron a América nas diferentes expedicións mariñas e introducíronse na dieta habitual da poboación de moitos deses países.

Chocolate de Gosto!

Chocolate á cunca de Gosto!, unha marca que aposta polos sabores auténticos e os produtos galegos.

Salchichón de porco celta, Tres Fuciños

Un salchichón elaborado pola Cooperativa Tres Fuciños, que reúne a criadores da raza autóctona porco cela. Todo o sabor do salchichón tradicional.

Queixo semicurado Ibérico – Feijóo

O Queixo Semicurado Ibérico de Quesos Feijoo é un dos seus produtos estrela. Trátase dun queixo semicurado de pasta prensada elaborado con mestura de 3 leites: vaca, ovella e cabra. É un queixo afinado en adega durante un mínimo de 120 días.

Queso Terra

Dá galardonada queixería de Chantada, Airas Moniz. Este queixo elabórase con oito cariño e de xeito artesanal, co leite das súas propias vacas de raza Jersey.

Contido da cesta
  • Viño Señor Cuco de Adega Entrevideiras
  • Licor de sabugueiro Carabuñas
  • Zamburiñas de Gosto
  • Aceite de lata Embruxo 250 ml
  • Manteiga de cacahuete picante Celtic Spicy
  • Marmelada de sabugueiro ecolóxica Carabuñas 250 gr
  • Turrón de sabugueiro Maruxío
  • Pastas de sabugueiro Maruxío
  • Paté de chipiróns Mareterra
  • Cebola caramelizada Amorodo
  • Galletas DaVeiga especial canapés 100 gr
  • Chocolate Gosto
  • Salchichón de porco celta Tres Fuciños
  • Queixo semicurado ibérico Feijoo
  • Queixo Terra de Airas Moniz

Nota: Os contidos desta cesta están configurados con pequeños produtores e no intre de facer o teu pedido pode non haber dispoñibilidade. Se isto ocorre, chamarémoste para poder cambiar o produto faltante por outra referencia similar.