Caixa de cervexas ecolóxicas – Carabuñas

Cervexas ECO Carabuñas

Caixa de cervexas Carabuñas, elaboradas con bayas ou flor de saúco.

Un pack de 12 cervexas ecolóxicas, que combina seis botellas de 33 cl. de cada unha das nosas variedades de cervexa artesanal: Carabuñas Flor de Sabugueiro e Carabuñas Baya de Sabugueiro.

Receitas orixinais de Carabuñas con ingredientes ecolóxicos.

36,00

20 dispoñibles

SKU: PACK CERVEXA SABU MIXTA Categorías: , ,

Descripción

Este pack de cervexas ecolóxicas Carabuñas é unha caixa degustación con 12 botellas de cervexa artesá que elaboramos seguindo receitas propias. Presentadas nunha caixa ideal para regalar ou para compartir en comidas ou ceas con amigos ou familia.

As cervexas Carabuñas son singulares porque levan como materia prima principal bagas ou flores frescas de sabugueiro. Están elaboradas con ingredientes ecolóxicos e naturais, como a malta (variedades pilsen e aromática) ou o lúpulo.

Botellas de terzo (33 cl.).

Cervexa de bagas de sabugueiro

A infusión de bagas de sabugueiro achégalle a esta variedade de cervexa unha cor vermella cobrizo e unha escuma de tinguiduras rosáceas. Ademais, o seu sabor é doce por influencia do froito. Carbonatación media-alta.

Cervexa de flor de sabugueiro

As flores de sabugueiro confírenlle un ton amarelo escuro, practicamente dourado, a esta cervexa artesá. Cun sabor de inicio un pouco amargo, remata volvéndose agradable ao padal e fácil de beber. Baixa carbonatación.

Podes mercar online este pack de cervexas Carabuñas ou podes mercar cada unha das dúas variedades por separado: Carabuñas Flor de Sabugueiro e Carabuñas Bagas de Sabugueiro

Ingredientes
  • Auga
  • Flores de Sabugueiro ou Bagas de Sabugueiro
  • Malta de cebada
  • Lúpulo

Información adicional

Peso 3 kg
Tamaño

Caixa de 12 botellas