Cervexa de Flor de Sabugueiro – Carabuñas

Cervexa ECO artesanal

Cervexa ecolóxica de flores de saúco Carabuñas. Unha cervexa artesanal, de dobre fermentación, con elaboración a base de flores de saúco, maltas pilsen e aromática.

De cor dourada, aroma intenso e espuma persistente; é unha cervexa con toques afrutados e herbáceos. Cervexa Elderlflower.

Fruit Beer, 33cl.

3,20

486 dispoñibles

SKU: LOTE 08091123 Categorías: , ,

Descripción

A cervexa de flor de sabugueiro Carabuñas é un produto de elaboración artesanal e ecolóxica, no que empregamos como ingrediente principal as nosas flores de sabugueiro frescas ecolóxicas. Na nosa receita cervexeira, de dobre fermentación, engadimos maltas tostadas (das especies pilsen e aromática) e lúpulo. O resultado é unha cervexa única, cunha escuma persistente de cor dourada.

A cervexa de flor de Sabugueiro Carabuñas é moi aromática, cun cheiro doce e maltoso, propio das cervexas florais. O seu sabor é moi particular, amargo ao principio, pero cun resaibo herbáceo agradable ao padal.

En Carabuñas especializámonos na elaboración de produtos gourmet con bagas e flores de sabugueiro. Traballamos con receitas propias e apostando pola innovación, creando produtos exclusivos, coidados ata o máximo detalle.

Ingredientes
  • Auga
  • Flores de Sabugueiro
  • Malta de cebada
  • Lúpulo

Información adicional

Peso 0.55 kg
Tamaño

Botella 33cl, Caixa de 12 botellas