Canta o cuco

Un agasallo cuco

Este é unha homenaxe ao viño Señor Cuco, un tinto con Denominación de Orixe Rías Baixas que se elabora no Condado (Pontevedra).

Seleccionamos catro delicatesen para acompañar esta botella de viño: queixo Savel de Airas Moniz, paté de porco celta elaborado por Tres Fuciños, marmelada gourmet e bombóns de sabugueiro Carabuñas.

41,00

22 dispoñibles

Descripción

O cuco é un ave pouco frecuente e singular, tan singular como os produtos que leva este lote gourmet. Auténticas delicatesen.

Viño Señor Cuco

Este é un viño tinto nunha denominación de orixe coñecida mundialmente polos seus viños brancos: D.O. Rías Baixas. Isto marca o seu carácter: un viño elegante, con frescura e identidade.

Queixo Airas Moniz

Queixo azul de cheiro intenso e textura untuosa que elabora Airas Moniz, unha queixería que utiliza para os seus produtos leite crú de vacas de pastoreo.

Paté de porco celta Tres Fuciños

Un paté de fígado de porco elaborado polo Cooperativa Tres Fuciños, que reúne a pequenos produtores e produtoras de porco celta de diferentes puntos de Galicia. Porcos da raza autóctona ‘ porco celta’, criados en liberdade e alimentados de forma natural.

Marmelada ecolóxica de sabugueiro Carabuñas

A nosa marmelada extra de sabugueiro, elaborada de forma tradicional cun 70% de froita, sen aditivos nin conservantes.

Caixa de bombóns de sabugueiro Carabuñas

Uns bombóns artesáns que co seu praliné poñen o toque doce a esta maridaxe e contrástano no padal co sabor das bagas de sabugueiro coas que se elaboran.

Contido do lote
  • Viño Señor Cuco
  • Queixo Savel de Airas Moniz
  • Paté de porco celta Tres Fuciños
  • Marmelada ecolóxica de sabugueiro 250 gr
  • Caixa de bombóns de sabugueiro Carabuñas

Información adicional

Peso 2 kg