Descripción
O cuco é un ave pouco frecuente e singular, tan singular como os produtos que leva este lote gourmet. Auténticas delicatesen.
Viño Señor Cuco
Este é un viño tinto nunha denominación de orixe coñecida mundialmente polos seus viños brancos: D.O. Rías Baixas. Isto marca o seu carácter: un viño elegante, con frescura e identidade.
Queixo Airas Moniz
Queixo azul de cheiro intenso e textura untuosa que elabora Airas Moniz, unha queixería que utiliza para os seus produtos leite crú de vacas de pastoreo.
Paté de porco celta Tres Fuciños
Un paté de fígado de porco elaborado polo Cooperativa Tres Fuciños, que reúne a pequenos produtores e produtoras de porco celta de diferentes puntos de Galicia. Porcos da raza autóctona ‘ porco celta’, criados en liberdade e alimentados de forma natural.
Marmelada ecolóxica de sabugueiro Carabuñas
A nosa marmelada extra de sabugueiro, elaborada de forma tradicional cun 70% de froita, sen aditivos nin conservantes.
Caixa de bombóns de sabugueiro Carabuñas
Uns bombóns artesáns que co seu praliné poñen o toque doce a esta maridaxe e contrástano no padal co sabor das bagas de sabugueiro coas que se elaboran.
Nota: Os queixos desta cesta poden variar en función da produción das nosas queixerías. Se no momento de facer o teu pedido non hai dispoñibilidade do queixo que leva a cesta, cambiarémolo por outro de igual ou maior calidade. Se queres asegurar a dispoñibilidade dun queixo en concreto no momento de facer o teu pedido, consúltanos por teléfono ou email.
Contido do lote
- Viño Señor Cuco
- Queixo Savel de Airas Moniz
- Paté de porco celta Tres Fuciños
- Marmelada ecolóxica de sabugueiro 250 gr
- Caixa de bombóns de sabugueiro Carabuñas