Bos almorzos

Para empezar ben o día

Unha caixa almorzo pensada para quen goza do almorzo tanto ou máis que dunha comida ou cea.

Madalenas e pan de leite enfornadas no forno tradicional de Faragullas, en Vilar de Santos (Ourense), queixo, marmeladas e infusión de flor de sabugueiro completan a nosa proposta para empezar o día co pé dereito.

Quéreslla enviar a alguén? Indícanos nas notas do teu pedido que é para agasallo, engade unha mensaxe especial e farémoslla chegar xunto coa caixa almorzo.

35,90

50 dispoñibles

Descripción

Unha caixa de almorzo cunha selección de produtos únicos, de calidade, elaborados de maneira artesanal e con mimo por pequenas grandes marcas galegas.

Madalenas e pan de leite de Faragullas

Faragullas é un forno tradicional situado en Vilar de Santos no que se elaboran produtos de maneira artesanal: “O pan da avoa de toda a vida”. Empregan unha fariña non refinada e sen aditivos, e a masa é sometida a un proceso de fermentación lenta. Nesta caixa podedes degustar o seu exquisito pan de leite e as súas madalenas. Non poderedes escoller só un.

Queixo Bisqato Xiros

Complemento perfecto nalgúns dos nosos lotes de produtos, o queixo Bisqato Xiros encaixa perfectamente na nosa caixa almorzo. De pasta branda, cortiza amofada e sabor intenso, achega a enerxía necesaria para afrontar os retos do día. Deixámosvos a vós escoller con que marmelada combinalo.

Marmelada BIO de sabugueiro e Marmelada BIO de sabugueiro e laranxa

A nosa caixa almorzo, leva dúas das nosas marmeladas ecolóxicas: unha marmelada de sabugueiro e unha marmelada de sabugueiro e laranxa. Están elaboradas de maneira artesanal a base de bagas de sabugueiro maduras, sen conservantes e sen potenciadores de sabor. Levan un 70% de froita e non teñen aditivos. Para a marmelada de sabugueiro e laranxa empregamos laranxas ecolóxicas do sur de Galicia.

Infusión de flor de sabugueiro Carabuñas

Nunha caixa almorzo de Carabuñas non pode faltar unha infusión de flor de sabugueiro deshidratada. É antiinflamatoria e antiséptica, e está indicada para aliviar problemas respiratorios. Seleccionamos só as mellores flores de sabugueiro ecolóxicas, que se recollen no momento perfecto e se deshidratan a baixa temperatura.

CONTIDO DA CAIXA
  • Pan de leite Faragullas Forno Tradicional
  • Madalenas Faragullas Forno Tradicional
  • Queixo Bisqato Xiros
  • Marmelada ecolóxica de sabugueiro Carabuñas
  • Marmelada ecolóxica de sabugueiro e laranxa Carabuñas
  • Infusión de flor de sabugueiro Carabuñas

Información adicional

Peso 2 kg