Descripción
Como todas as creacións que saen do obradoiro de Inés Rir en Allariz, os bolsos desta edición limitada están deseñados para ser diferentes e emocionar.
Inés recorre á historia, a tradición e tamén á sustentabilidade como fonte de inspiración no seu taller de creación.
Bolso de liño e coiro con bordado exclusivo
Un bolso elaborado en Allariz (Ourense), con materiais de gran calidade e tradición na zona como son o tecido de liño e o coiro. Esta colección, que dá orixe á nosa colaboración, ten 6 deseños de bordado diferentes, que se enviarán de forma aleatoria.
Estoxo de marmeladas e xelea Carabuñas
Dúas marmeladas ecolóxicas elaboradas con bagas de sabugueiro como ingrediente principal. Unha xelea ecolóxica de flor de sabugueiro, premiada polo seu sabor na edición de 2018 do Forum Gastronómico.
Regalar arte local é regalar algo único, tanto pola emoción da persoa que o recibe, como polo compromiso co comercio local e os talleres artesáns de Galicia.
Contido do pack
- Bolso de liño bordado a man por Inés Rir
- Estoxo de marmeladas e xelea Carabuñas