MEDICINAL


“A flor do sabugueiro, nai, xa a teño recollida do sereno de San Juan que serve de medicina”. (Cabal, C. 1925, 202), cantiga popular asturiana de principios do século XX que recolle a práctica dunha tradición.
Falan de calidades máxicas do saúco, non sabemos si son certas ou non, o que si sabemos é do seu alto contido en vitamina C e fósforo.
Na composición do saúco podemos atopar, entre outros, aceites esenciais, taninos, flavonoides, carotenos, e vitamina C e B.
O saúco é moi bo para tratar os problemas respiratorios: favorece a sudoración, facilita a expulsión da mucosidad, contribúe a reducir a inflamación das vías respiratorias, a baixar a febre e, especialmente, a acougar a tos. É dicir, si tes tos ou catarro o sabugueiro axudarache sen dúbida.
Tamén posúe propiedades depurativas e diuréticas que axuda ao organismo a eliminar toxinas.
É calmante, útil no tratamento de trastornos nerviosos lixeiros, tales como insomnios, migrañas, dores de cabeza e inflamaciones dolorosas.
E a maiores din, que os celtas crían que o saúco era morada de diversas divinidades polas que arrincalo ou cortalo podía desencadear toda clase de descalabros.
Aproveitado desde a antigüidade na medicina, formando parte dos remedios caseros ata o uso en a medicina actual. O seu uso non se limita á medicina, a súa madeira foi empregada para a elaboración de juguetes, instrumentos, o uso alimentario e tamén nas pócimas máxicas.
No comments yet. You should be kind and add one!