GAL

Posts tagged " Sambucus nigra "

CARABUÑAS, MÁIS PRETO DE VÓS.

Marzo 17th, 2016 Posted by licor, mermelada, receitas, Reserva de la Biosfera de Allariz, Sabugueiro No Comment yet

 ComezamoCARABUÑAS PAXINAs o 2016 facendo pública a nova páxina web de Carabuñas, un espazo de divulgación cultural, gastronómica e  agraria sobre o sabugueiro, ese arbusto que acapara as nosas vidas.

En carabuñas.gal podedes atopar información sobre as persoas que están diante e detrás do proxecto,  coñecer que é o sabugueiro, con fotos, videos e  enlaces que falen das utilidades do noso arbustro preferido.

Dende agora podedes consultar os puntos de venda máis próximos aos vosos fogares.

A nova páxina conta coa tenda online de CARABUÑAS, a través da cal podedes adquirir todos os produtos que elaboramos en base ao sabugueiro (marmeladas de froito, xelea de flor, licor de sabugueiro e a cervexa), deste xeito os produtos pasarán directamente das nosas mans ás vosas.

 

NELSON EVAEstade atentos e atentas a todas as novidades que vaiamos sacando ao longo do ano 2016.

 

Esperamos que vos guste!

 

 

Curiosidades do sabugueiro

Abril 30th, 2013 Posted by Carabuñas, Herbas do San Xoán, Sabugueiro, uvas de bruxa No Comment yet

O Sabugueiro (Sambucus nigra), bieiteiro, saúco,sabugo,…máis de 30 nomes ten en Galiza. Unha planta máxica e os seus froitos son as uvas de bruxa.

Un arbusto ou árbore de pequeno tamaño que se estende ao longo da xeografía e que leva asociado unha chea de lendas e crenzas, … e como non, é unha das Herbas do San Xoán.