GAL

Posts tagged " Galicia "

A nosa presenza na TV

Marzo 28th, 2016 Posted by Carabuñas, froitos silvestres, licor, mermelada, receitas, Reserva de la Biosfera de Allariz, Sabugueiro No Comment yet

Recollemos neste pequeno artigo os enlaces ás reportaxes de tele nas que Carabuñas fala do sabugueiro (Vivir Aqui, Aquí la tierra e O agro).

———————————————————————————–

VIVIR AQUÍ. RTVG. 17/10/2015

No programa Podemos vivir aquí? temos unha reportaxe sobre o sabugueiro, e podedes ver outras iniciativas interesantes como a granxa de ratos, o cultivo de corais en catividade, produtos alimentarios elaborados a partir do sabugueiro ou fornos de pan.vivir aqui_2015CARABUÑAS, unhas das empresas nadas en Galicia a crise, do minuto 29 ao 38.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/podemos-vivir-disto

Na reportaxe degustaremos unha hamburguesa 100% local, na A Arca da Noe, taberna cultural de concello de Vilar de Santos, a carne das hamburguesas son do Quique, Enchidos Brincas, e o pan de Carmen, Faragullas, forno tradiconal de Mosqueiro (Vilar de Santos).

 

———————————————————————————–

O AGRO. RTVG. 03/09/2015

O agro

O agro, un microespazo que ofrece información e reportaxes sobre o mundo agrario así como as últimas cotizacións dos mercados galegos de gando, fainos unha reportaxe coincidindo coa recolleita e a transformación da baga.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/o-aproveitamento-do-sabugueiro-para-uso-alimentario

———————————————————————————–

AQUÍ LA TIERRA. RTVE. 22/05/2015

Unha proposta divertiva da TVE sobre o clima.  ¡El clima es divertido! nos trae una mirada nueva y entretenida sobre nuestro planeta. De lunes a viernes de 20.30 a 21.00 en @Aqui la tierra

Quixeron coñecer este anaco de Ourense, e fixéronnos unha reprotaxe baixo o título “El saúco, el árbol que vale para todo”.

http://www.rtve.es/alacarta/videos/aqui-la-tierra/sauco-alt/3138291/

Graciñas aos veciños de @vilardesante que participaron da reportaxe.

———————————————————————————–

VIVIR AQUÍ. RTVG. 30/06/2013

Xoias naturais galegas. Seis son os territorios galegos declarados Reservas da Biosfera, entre elas está a R. B. Área de Allariz quevivir aqui 2013 R comprende os concello de Allariz, A Bola, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos.

CARABUÑAS é un proxecto instalado no concello de Vilar de Santos, moi próximo á zona núcleo e á súa árbore senlleira A Carballa da Rocha.

Na reportaxe falamos do sabugueiro e de Carabuñas pero tamén da calidade ambiental e paisaxística do medio, e tamén visitamos a carballa. A partir do minuto 10 ao 16 e a continuación podedes ver o proxecto ECOLEIA, explotación de leite ecolóxico de Allariz.

Enlace á páxina WEB da Reserva.

http://www.areadeallariz.com/

 

 

 

Feira Outono

Onde estaremos nas vindeiras semanas?

Outubro 21st, 2014 Posted by Carabuñas, licor, mermelada, Sabugueiro No Comment yet

O outono é unha boa época para ir de feirantes, por iso poderedes atoparnos:
I FEIRA DO OUTONO (Arcos, Ponteareas) os días 25 e 26 de outubro.
FEIRA DO OUTONO de ALLARIZ (8 e 9 de novembro)

Innovación e tradición en Carabuñas

Xuño 3rd, 2013 Posted by Carabuñas, licor, mermelada No Comment yet

Moitas grazas ás amigas de Alimente por dedicarnos este post no seu blog.