GAL

Posts tagged " Froitas do bosque "

CARABUÑAS, MÁIS PRETO DE VÓS.

Marzo 17th, 2016 Posted by licor, mermelada, receitas, Reserva de la Biosfera de Allariz, Sabugueiro No Comment yet

 ComezamoCARABUÑAS PAXINAs o 2016 facendo pública a nova páxina web de Carabuñas, un espazo de divulgación cultural, gastronómica e  agraria sobre o sabugueiro, ese arbusto que acapara as nosas vidas.

En carabuñas.gal podedes atopar información sobre as persoas que están diante e detrás do proxecto,  coñecer que é o sabugueiro, con fotos, videos e  enlaces que falen das utilidades do noso arbustro preferido.

Dende agora podedes consultar os puntos de venda máis próximos aos vosos fogares.

A nova páxina conta coa tenda online de CARABUÑAS, a través da cal podedes adquirir todos os produtos que elaboramos en base ao sabugueiro (marmeladas de froito, xelea de flor, licor de sabugueiro e a cervexa), deste xeito os produtos pasarán directamente das nosas mans ás vosas.

 

NELSON EVAEstade atentos e atentas a todas as novidades que vaiamos sacando ao longo do ano 2016.

 

Esperamos que vos guste!

 

 

As froitas de Carabuñas

Agosto 7th, 2013 Posted by Carabuñas, mermelada, Sabugueiro No Comment yet

A piques de preparar a marmelada de Froitas do Monte queremos mostrarvos algúns dos segredos para obter marmeladas sabrosas e moi saudábeis.
2012-09-13 17.20.57-1O máis importante para obter un produto de calidade é a materia prima empregada na elaboración, neste caso mostramos algunha das froitas da nosa veiga.