GAL

Posts tagged " ecolóxico "

FEIRA OUTONO 2014

Podemos vivir e traballar no noso medio

Outubro 14th, 2015 Posted by Carabuñas, licor, mermelada, Reserva de la Biosfera de Allariz No Comment yet

A pasada fin de semana estivemos na feira de Outono de Allariz, unha cita importante para nós. Unha feira con moito caracter local, pois a maioría dos postos somos produtores/as locais.
Dentro da feira podiamos atopar diversidade de produtos producidos e transformados en Allariz e nos concellos próximos, entre eles nós apostando polo sabugueiro pero tamén Petelos coa súa fariña de castañas, O Rexo co seu queixo de ovella, Embutidos Vilaboa cos seus chourizos e cachuchas, Dama Alaricana coa súa cervexa, Mimá coa súa horta ecolóxica, Carmiña co pan en forno de leña, Pan do demo cos seus cogomelos,…

Carabuñas en Loire-Atlantique (Francia)

Outubro 10th, 2013 Posted by Carabuñas No Comment yet

A semana do 29 de setembro ao 5 de outubro, representante de Carabuñas xunto con catro mulleres de Allariz tivemos a oportunidade convivir con labregas francesas e aprender das súas explotacións rurais situadas ao sur de Nantes.

Cinco intensos días dedicados exclusivamente a ver, analizar e compartir diferentes xeitos de traballar e de aproveitar os recursos locais. Moitas e variadas iniciativas visitamos, dende a produción de carnónicos,panadería artesanal ou interesantes explotacións de leite ecolóxica,…

Colaboración Carabuñas e Ecomebén

Marzo 3rd, 2013 Posted by Carabuñas, froitos silvestres, invernadoiro, plantón ecolóxico, Vilar de Santos No Comment yet

Carabuñas cede o invernadoiro das súas instalacións en Vilar de Santos á asociación de pequenos produtores Ecomebén para a produción de plantón ecolóxico.
O intercambio de recursos é unha boa forma de apoiarnos. Cedemos as instalacións e axúdannos nas tarefas de recolección dos froitos silvestres que empregamos para as nosas marmeladas e licores.