Carabuñas é o resultado de moitas tardes e noites de pensar, de moita ilusión e moito traballo. Detrás desta marca está Eva e Nelson, que podedes ver nas fotos.
Carabuñas nace polo 2011 ca intención de darlle forma a un proxecto que levábamos tempo madurando. Un proxecto que ten como principal obxetivo o aproveitamento dos recursos naturais e a súa valorización a través da transformación. Intentando ver con novos ollos os produtos tradicionais, manter a calidade e o saber facer pero cun punto de innovación.
As nosas conservas e licores están elaboradas con materias primas de calidade de produtores/as ecolóxicos galegos/as.
Producimos de xeito artesanal nun pequeno obradoiro situado no lugar de Sanguñedo no concello de Vilar de Santos (Ourense).
“A flor do sabugueiro, nai, xa a teño recollida do sereno de San Juan que serve de medicina”. (Cabal, C. 1925, 202), cantiga popular asturiana de principios do século XX que recolle a práctica dunha tradición.
Falan de calidades máxicas do saúco, non sabemos si son certas ou non, o que si sabemos é do seu alto contido en vitamina C e fósforo.
Na composición do saúco podemos atopar, entre outros, aceites esenciais, taninos, flavonoides, carotenos, e vitamina C e B.
O saúco é moi bo para tratar os problemas respiratorios: favorece a sudoración, facilita a expulsión da mucosidad, contribúe a reducir a inflamación das vías respiratorias, a baixar a febre e, especialmente, a acougar a tos. É dicir, si tes tos ou catarro o sabugueiro axudarache sen dúbida.
Tamén posúe propiedades depurativas e diuréticas que axuda ao organismo a eliminar toxinas.
É calmante, útil no tratamento de trastornos nerviosos lixeiros, tales como insomnios, migrañas, dores de cabeza e inflamaciones dolorosas.
E a maiores din, que os celtas crían que o saúco era morada de diversas divinidades polas que arrincalo ou cortalo podía desencadear toda clase de descalabros. Aproveitado desde a antigüidade na medicina, formando parte dos remedios caseros ata o uso en a medicina actual. O seu uso non se limita á medicina, a súa madeira foi empregada para a elaboración de juguetes, instrumentos, o uso alimentario e tamén nas pócimas máxicas.
O sabugueiro é un arbusto caducifolio de tamaño medio (4-6m), que nalgúns casos convértese en árbore, moi abundante en toda Europa e con espacial arraigo na cultura galega.
Atópase especialmente nas beiras dos ríos, regos, camiños, … e no interior de Ourense é moi común atopalo ocupando o espazo das persoas e os animais nas vivendas abandonadas, como se fose a prolongación e o mantemento da vida no rural, especialmente na primavera cando florece e parece renacer a vida. Así, este arbusto con algunhas pretensións de árbore merece a noso respecto e a nosa valoración.
De follas verdes, aserradas, florece na primavera de cor branca en umbella, de grande beleza e de grandes poderes curativos.
A uvas de bruxa, son o froito do sabugueiro, unha baga en principio verde, que se vai tornando vermella para acabar sendo unha boliña brillante de cor púrpura case negra xuntiñas nun acio colgante, moi atractivo para os paxaros (e para moitos humanos).
O sabugueiro, bieiteiro, bieito ou biouteiro,… unha manchea de nomes ten en galego. Neste caso tócalle á madeira do arbusto, para iso facemos referencia ao o Consello da Cultura Galega, onde otopamos un partado dedicado á gaita de sabugueiro ou de cana (Sambucus nigra ou Arundo donax)
A Gaita de cana ou gaita de sabugueiro, son sinxelas gaitas, propias de nenos, aparecen mencionadas moi poucas veces nas coplas tradicionais, quizais por dúas razóns: primeiro porque as mulleres (nenas), principais responsables da súa composición, empregaron pouco ou nada este tipo de instrumentos, e segundo porque os que fan as coplas son normalmente adultos. En todo caso, Carlos Rei aínda foi quen de achar unha copla na que se refire o uso dunha gaita de sabugueiro:
“Eche moi habilidoso
o pícaro do Merlucho,
que fixo un chichiribío
co ramalliño dun sucho.”
Onde sucho é, como observa este autor, “o cañoto dun sabugueiro, co que unha vez vaciado [sic] cun punzón ou unha rama fina podíase facer un silbato [sic] ou unha pequena frauta” …
MÁIS INFORMACIÓN:
Como se constrúe?
http://www.youtube.com/watch?v=VXqpmrucijo
Artigo completo:
http://www.consellodacultura.org/asg/instrumentos/os-aerofonos/gaita-de-cana-gaita-de-sabugueiro/