GAL

Posts in Sen categorizar

Sabugueiro Flor

Sabugueiro na poesía galega

Maio 5th, 2015 Posted by Sen categorizar No Comment yet

Sabugueiro da folla repinicada
polo maio estralando de brancas frores
collereiche un ramallo na madrugada
pra facer un feitizo prós meus amores.

Que non fuxan os merlos que fan o niño
no máis mesto curruncho dos teu verdores:
esgazareiche as ponlas moi a modiño
pra facer un feitizo prós meus amores.

Imos de Feira

De feira en feira…

Outubro 26th, 2014 Posted by Sen categorizar No Comment yet

Con isto da chegada do outono andaremos de feira en feira e queremos deixarvos algúns detalliños do noso posto.

Marmelada Pequena

Elixide ben o que consumides

Outubro 1st, 2014 Posted by Sen categorizar No Comment yet

O sabugueiro é un arbusto moi empregado na medicina dende sempre, na actualidade tamén, debido ás súas propiedades pois é Diurético, antibiótico, laxante, antiinflamatorio, estimula o sistema inmune,… contén muitas vitaminas (A, B6,…), muito potasio, calcio, ferro,…
Aquí tendes algúns usos:

Marmelada de laranxa e kiwi, Galega e Ecolóxica

Abril 30th, 2014 Posted by Sen categorizar No Comment yet

Presentamos neste pequeno artigo os ingredientes que empregamos para elaborar a marmelada de laranxa e kiwi, simplemente para que coñezades o que consumides e valoremos o que este terra nos ofrece.

Gaita de Sabugueiro

Febreiro 26th, 2014 Posted by Sen categorizar No Comment yet

Hoxe toca falar doutra utilidade dese fermoso arbusto, o sabugueiro, bieiteiro, bieito ou biouteiro,…unha manchea de nomes ten en galego. Neste caso tócalle á madeira do arbusto, para iso facemos referencia ao o Consello da Cultura Galega, onde otopamos un partado dedicado á gaita de sabugueiro ou de cana (Sambucus nigraou Arundo donax)

Feira de Outono (Allariz) e Mercado ecolóxico e artesanal (Bueu)

Novembro 5th, 2013 Posted by Sen categorizar No Comment yet

A vindeira fin de semana poderedes probar e levar para a vosa casa produtos Carabuñas.
Dúas citas importantes do outono, a de Allariz que vai pola XVIII edición e a 2º edición do Mercado de Bueu que non queremos deixar de apoiar.

Etiquetar en galego por autoestima e garantía de orixe.

Xullo 24th, 2013 Posted by Carabuñas, Sen categorizar No Comment yet

Carabuñas formaliza o ingreso como irmandiño na II Asemblea da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros. Iniciativa posta en marcha no 2012 e no que xa formamos parte un tal de 70 empresas, na pasada asemblea formalizaron o ingreso 16 adegueiros e 15 empresas agroalimentarias.

Primeira cesta ecolóxica de Allariz

Xuño 14th, 2013 Posted by Carabuñas, Sen categorizar No Comment yet

A asociación Ecomeben, nace coa finalidade de recuperar terras para a produción de horta ecolóxica en Allariz. Un grupo de mozos e mozas poñen a andar esta iniciativa a finais de 2012, e na tarde de onte fixeron entregar da primeira cesta ecolóxica 100% alaricana.

Carabuñas colabora dende principios de ano coa asociación facendo uso dos xeitos tradicionais de colaboración, o intercambio de traballos e préstamo de instalacións.