GAL

Posts in licor

Carabuñas no Mercado da Estrela

Decembro 12th, 2013 Posted by Carabuñas, licor, mermelada No Comment yet

O Mercado da Estrela é unha proposta integradora de artesanía, cultura, lecer, creatividade, restauración, sostibilidade, compras e novas tendencias que busca visibilizar o traballo dos creadores, produtores, artistas, artesáns, … a través da exposición e vanda nas datas navideñas.MDE-Cartel-STGO-A3-OK

Poderedes atopar o posto de Carabuñas no Espazo de Restauración e Música.

Carabuñas en Struming Days

Decembro 3rd, 2013 Posted by Carabuñas, licor, mermelada No Comment yet

Carabuñas forma porte de Estruming Days, un espazo de networking,intercambio e formación para profesionais que aproveiten, dinamicen e/ou traballen o rural galego cunha mirada actual e global.

Formamos parte de Estrumin Days un total de 33 pequenas iniciativas que traballan a prol do desenvolvemento deste país (empresas, emprendedores, asociacións,…) creando unha rede que nos permita compartir e colaborar entre nós.

Carabuñas en Cangas, Santiago e A Coruña.

Novembro 19th, 2013 Posted by Carabuñas, licor, mermelada No Comment yet

Ao longo deste mes de novembro, algúns dos produtos Carabuñas foron viaxando a diferentes puntos de Galiza, así podedes atopar o licor e a marmelada de sabugueiro nas tendas O Bandullo do Lambón en Santiago de Compostela, na rúa da raíña, e na tenda O Mundo do Té na cidade da Coruña.

Na tenda Pandarán podedes atopar as marmeladas (sabugueiro, mirabel, mazá á canela, laranxa e kiwi e froitas do monte)

Licor de Sabugueiro

Setembro 5th, 2013 Posted by Carabuñas, licor, Sabugueiro No Comment yet

Elaborado con moito xeito e coidado.
Augardente destilada de xeito tradicional en pote, a partir do bagazo da uva.
Bagas de sabugueiro, sambucus nigra, planta medicinal das que máis.
Especialmente empregada para os males das vías respiratorias.
Licor obtido dun proceso artesanal.

Mercado das Conservas de Galicia

Xullo 15th, 2013 Posted by Carabuñas, licor, mermelada No Comment yet

Os vindeiros 20-21 de xullo Carabuñas participará no Mercado das Conservas de Galicia que se celebra en Monforte de Lemos, na praza de abastos.

Xa sabedes se queredes licor ou marmelada de sabugueiro, visitádenos.

Carabuñas en “Vivir Aquí”

Xullo 4th, 2013 Posted by Carabuñas, licor, mermelada No Comment yet

O pasado domingo,Vivir Aquí da RTVG dedicaba o programa ás Reservas da Biosfera galegas, trala declaración da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

O programa está dedicado a pequena iniciativas produtivas que se desenvolven en espazos de Reserva da Biosfera, entre elas podedes ver a Carabuñas e aos nosos compañeiros de Ecoleia (leite ecolóxico de Allariz).

Palmeiras e marmelada de sabugueiro

Xuño 4th, 2013 Posted by Carabuñas, licor, mermelada, receitas No Comment yet

Fixádevos nas palmeiras que preparou a nosa amiga Sandra coa marmelada de sabugueiro Carabuñas.
O sabor e textura da nosa marmelada de sabugueiro permítenos experiementar nos pratos doces pero tamén nos salgados.

A Taberna Acevedo e Carabuñas

Xuño 3rd, 2013 Posted by Carabuñas, licor, mermelada No Comment yet

A Taberna Acevedo é unha iniciativa posta en marcha a finais de 2012. Dentro da súa carta de produtos podedes degustar a marmelada de sabugueiro na táboa de queixos ou elixindo a sobremesa Iogur de cabra con marmelada de sabugueiro (mermelada da saúco).

Innovación e tradición en Carabuñas

Xuño 3rd, 2013 Posted by Carabuñas, licor, mermelada No Comment yet

Moitas grazas ás amigas de Alimente por dedicarnos este post no seu blog.