GALES

Monthly Archives: Outubro, 2015

FEIRA OUTONO 2014

Podemos vivir e traballar no noso medio

Outubro 14th, 2015 Posted by Carabuñas, licor, mermelada, Reserva de la Biosfera de Allariz No Comment yet

A pasada fin de semana estivemos na feira de Outono de Allariz, unha cita importante para nós. Unha feira con moito caracter local, pois a maioría dos postos somos produtores/as locais.
Dentro da feira podiamos atopar diversidade de produtos producidos e transformados en Allariz e nos concellos próximos, entre eles nós apostando polo sabugueiro pero tamén Petelos coa súa fariña de castañas, O Rexo co seu queixo de ovella, Embutidos Vilaboa cos seus chourizos e cachuchas, Dama Alaricana coa súa cervexa, Mimá coa súa horta ecolóxica, Carmiña co pan en forno de leña, Pan do demo cos seus cogomelos,…