GALES

Monthly Archives: Novembro, 2013

Carabuñas en Cangas, Santiago e A Coruña.

Novembro 19th, 2013 Posted by Carabuñas, licor, mermelada No Comment yet

Ao longo deste mes de novembro, algúns dos produtos Carabuñas foron viaxando a diferentes puntos de Galiza, así podedes atopar o licor e a marmelada de sabugueiro nas tendas O Bandullo do Lambón en Santiago de Compostela, na rúa da raíña, e na tenda O Mundo do Té na cidade da Coruña.

Na tenda Pandarán podedes atopar as marmeladas (sabugueiro, mirabel, mazá á canela, laranxa e kiwi e froitas do monte)

Feira de Outono (Allariz) e Mercado ecolóxico e artesanal (Bueu)

Novembro 5th, 2013 Posted by Sen categorizar No Comment yet

A vindeira fin de semana poderedes probar e levar para a vosa casa produtos Carabuñas.
Dúas citas importantes do outono, a de Allariz que vai pola XVIII edición e a 2º edición do Mercado de Bueu que non queremos deixar de apoiar.