GALES

Monthly Archives: Xuño, 2013

Primeira cesta ecolóxica de Allariz

Xuño 14th, 2013 Posted by Carabuñas, Sen categorizar No Comment yet

A asociación Ecomeben, nace coa finalidade de recuperar terras para a produción de horta ecolóxica en Allariz. Un grupo de mozos e mozas poñen a andar esta iniciativa a finais de 2012, e na tarde de onte fixeron entregar da primeira cesta ecolóxica 100% alaricana.

Carabuñas colabora dende principios de ano coa asociación facendo uso dos xeitos tradicionais de colaboración, o intercambio de traballos e préstamo de instalacións.

Licor de sabugueiro, o segredo está na augardente.

Xuño 11th, 2013 Posted by Carabuñas, froitos silvestres, Sabugueiro No Comment yet

A augardente empregada por Carabuñas para a elaboración do licor de Sabugueiro é de alta calidade.
Eliximos coidadosamente a materia prima. A augardente é resultado do proceso tradicional do destilado do bagazo no pote, acadando un licor exquisito e único no estado.

Palmeiras e marmelada de sabugueiro

Xuño 4th, 2013 Posted by Carabuñas, licor, mermelada, receitas No Comment yet

Fixádevos nas palmeiras que preparou a nosa amiga Sandra coa marmelada de sabugueiro Carabuñas.
O sabor e textura da nosa marmelada de sabugueiro permítenos experiementar nos pratos doces pero tamén nos salgados.

A Taberna Acevedo e Carabuñas

Xuño 3rd, 2013 Posted by Carabuñas, licor, mermelada No Comment yet

A Taberna Acevedo é unha iniciativa posta en marcha a finais de 2012. Dentro da súa carta de produtos podedes degustar a marmelada de sabugueiro na táboa de queixos ou elixindo a sobremesa Iogur de cabra con marmelada de sabugueiro (mermelada da saúco).

Innovación e tradición en Carabuñas

Xuño 3rd, 2013 Posted by Carabuñas, licor, mermelada No Comment yet

Moitas grazas ás amigas de Alimente por dedicarnos este post no seu blog.